Vieiros

Vieiros de meu Perfil


O PP de Ogrobe retoma a súa batalla contra os blogs locais

Un ano despois de que o PP iniciase unha batalla legal contra dúas blogs de Cambados e O Grove por estimar ofensivos os seus contidos, os populares grovenses devolven o asunto á actualidade.
Desde O Grove reclaman unha normativa que saque do seu anonimato aos responsables destas webs.

Enviada por SOLCOSTAS SOLCOSTAS o 22/01/2008 22:27

Actitudes «covardes»
Desde o PP do Grove reprochan a «actitude covarde dos editores destes blogs e plataformas informáticas de linchamento das persoas que non pensan igual que eles».
Estes blogs tiveron o seu momento de maior efervescencia a principios do ano pasado a tenor das denuncias do PP e a publicidade que todo iso lles reportou. é grupo levou ao xulgado ás webs camba2.blogspot.com e ogrobe.blogspot.com e en febreiro o xuíz admitía a trámite unhas denuncias coas que o PP pretende sacar do anonimato aos autores destes blogs e que se dirimisen responsabilidades. «Aquí non se salva nin o apuntador. Facendo un percorrido sorprendente polos blogs locais atopeime con insultos, calumnias e inxurias variadas a políticos, funcionarios, policías empresarios, xornalistas... e tamén aos seus familiares e achegados. Actitudes covardes, infames e viles das miserias humanas. Non ten outra palabra», sinala Diana Otero .

Covarde non me considero e despois de buscar insultos, calumnias e inxurias variadas como di Diana, non as atopo. E mais, debo decirlle a nova concelleira que dende esta paxina en algún momento se chegou a defender a sua persona e incluso a dunha amiga intima dela, coa que vive. En todo caso se fala doutro ou doutros blogs e non deste, que o diga as claras, porque se non as inxurias poden partir dela e non dende aqui.

Deixovolo enlace o meu blog en galego
 http://ogrobe.blogspot.com/2008/01/actitudes-covardes.html 
LA VOZ DE GALICIA EN CASTELLANO: http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2008/01/22/0003_6499856.htm


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O PP de Ogroberetoma a súa batalla contra os blogs locais