Vieiros

Vieiros de meu Perfil


De como Iria case perde a súa lírica...

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de De como Iria case perde a súa lírica...

De como Iria case perde a súa lírica...

Unha Replica Lírica ó fino traballo de intoxicación Épico publicado por Xabier Cordal na Maré de Galicia-Hoxe

Enviada por Erasmo Erasmo o 06/01/2008 11:57

Iria, rapaza neofalante galega monolingüe, namorada de Narf e da súa palabra a contrarritmo soña con ser ela mesma sen influenzas de ninguén e ir deixando na vida a súa estela de soños e desexos coma miles de irias que nacen tódolos días nesta terra…

Cóntalles ós amigos que a partires de hoxe vai falar sempre en galego sexa onde sexa e quérese sentir galega de seu e ir máis aló da medianía que ve ó seu redor… máis alá da hipocrisía deste mundo… quere voar ata os mesmos cumes e sentirse libre… e ser feliz.

Iría ten o peito cheo de ilusión, quere saír ó mundo e dicir: aquí estou!!!

Fermosa decisión: adiante, o mundo telo diante, cambia e constrúe canto queiras sen que ninguén mate os teus soños, que ninguén controle a túa vida máis que ti mesma… voa libre, Iria… vai ónde ti queiras… adiante… o mundo é teu e o futuro está diante!!!

Poren no canto de agasallala e felicitala pola súa xenerosa e preciosa decisión… a Iria fálanlle dos combates i enfrontamentos das neofalantes da Galicia urbana e aconséllanlle fixarse con atención na emerxencia de actitudes que sempre lle pasaran desapercibidas… Fíxate ben o que poden argallar contra de ti e da túa DECISIÓN!

E Iria perde pouco a pouco o sorriso e a súa expresión vai mudando e ponse moi seria e chora por dentro porque é certo: moitos son que non queren que fale galego, están en todas partes, están ó seu carón… pobre Iría, vai ter se armarse se quere saír ó mundo e falar alto e claro na súa lingua nai… Tódalas forzas conspiran contra dela… cóntanllo a media voz e na penumbra dos cafés… fíxate ben… estamos rodeados de renegados do arado… mira ese home, entre os corenta e a prexubilación, nótaselle que falou galego de cativo e que deixou de falalo cando chegou á cidade… cóidate destes homes Iría, sonche os peores, vante quitar o sorriso e a xuventude que levas no corazón!

Iria vai collendo datos, vaise fixando en todo o que lle din… e aínda que non fala con aquel home nin coñecerá xamais a súa historia, xa dende hoxe teno como inimigo a combater para salvarse ela… ela que, a partires de hoxe, vai ser coñecida como iracunda loitadora polos dereitos lingüísticos do seu pobo asoballado e traizoado polos homes maiores de corenta… ese mesmos que trouxeron unha cousa da que todos falan e ninguén entende: disque trouxeron a democracia a este país… e así nos vai!!!

Aquí deixo a lírica historia dunha Iria que ía ser libre e facer do mundo un lugar mellor… porque esta rapaciña agora só pensa en loitar contra os homes que lle fan aldraxe só con mirala en rededor… pobre rapaza galega que un día soñou con vivir independente de prexuízos unha vida mellor… os seus soños convertéronse en instrumentos a prol dunha guerra que non era a súa… xa a vexo entrando naquela igrexa bombardeada polo IRA na que agora actúa Narf e os seus grupos favoritos…!

Coma ela loitan contra o mundo cos rodea… e son moitos… e son centos… e son miles… e encherán o ceo e cubrirán a luz das estrelas…!!!

Iria, rapaza neofalante galega: soña e voa e fala o que te pete nesta a túa terra!!!


Galicia é Bilingüe: dúas Linguas os mesmos Dereitos!!!

Home de corenta, amante da súa lingua e da Liberdade,
que soña con estar xubilado das trampas que trae a vida…!!!


3,57/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



De como Iria case perde a súa lírica...