Vieiros

Vieiros de meu Perfil


$ida, ninguén sabe nada? Ninguén ve nada?

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de $ida, ninguén sabe nada? Ninguén ve nada?

$ida, ninguén sabe nada? Ninguén ve nada?

Os test de VIH non sirven para diagnosticar a $IDA. Os propios fabricantes o advirten nos prospectos. Ate cando esta situación que está a destruir milleiros de vidas?

Enviada por Leovarela Leovarela o 24/12/2007 17:29

Médicos, institucións, afectados e non digamos fabricantes de antirretrovirais, tests, etc., fronte ás probas todo o mundo olla pra outro lado. Qué pasa? Por qué as autoridades sanitarias, ou as outras, non artellan un encontro científico no se clarexe dunha vez por todas este "cacao"? Será porque temen perder miles de millóns de euros/dólares si como é previsibel triunfa a teoría disidente?(A realidade é que todas as previsións disidentes estánse a cumprir, namentras as da teoría oficial van fracaso tras fracaso).
Entre tanto, ollemos este artículo do Dr. Garrido da Asociación Superando A Sida.

SIDA: NINGUÉN SABE
NADA? NINGUÉN VE NADA?En novembro de 1997 a raíz da publicación nalgúns medios de certas informacións polémicas que poñían en dúbida os actuais puntos de vista oficiais sobre a Sida, desde a utilidade dos tratamentos ata a propia existencia do virus VIH, o deputado do BNG Francisco Rodríguez Sánchez dirixiu por escrito unha interpelación parlamentaria á Mesa do Congreso dos Deputados, para coñecer a posición das autoridades sanitarias españolas sobre o particularEse mesmo ano, por iniciativa dunha publicación española, mandáronse cartas no mesmo sentido a distintos organismos relacionados coa sanidade (Ministerio de Sanidade, Consello Xeral de Colexios Médicos, Consello Xeral de Colexios Farmacéuticos, etc.), indagando sobre as probas que demostrasen a existencia do VIH. Non houbo resposta a esas cartas e a dada ao deputado Francisco Rodríguez consistiu nunha reafirmación no que desde hai xa 25 anos é unha especie de catecismo oficial de crentes: que "o virus por suposto existe", que "se pode illar nos doentes", "que mesmo se pode medir a súa cantidade mediante certas técnicas", e que "non tiña sentido un debate público sobre estes feitos tan evidentes".Pois ben, dáse a casualidade de que entre os que non parecen ter as ideas tan claras como teñen as autoridades sanitarias están precisamente as propias compañías farmacéuticas que fabrican e comercializan os tests cos que supostamente se detecta a infección por VIH nas persoas.Estas compañías, probablemente debido ás dificultades que entraña a detección dun virus sobre o illamento do cal existen importantes lagoas científicas, decidiron lavar as mans, (probablemente coa finalidade de tomar precaucións ante a posibilidade de demandas xudiciais), ao extremo de advertiren nos folletos de instrucións dos tests da inexactitude destos mesmos á hora de detectar a presenza do VIH.Mais, ten aínda maior interese, polas importantes implicacións que supón, a explicación que ofrecen para tal falta de sensibilidade dos tests.Lembremos que os principias tests que se veñen usando para detectar o VIH son o test ELISA e o test Western Blot, que supostamente localizan anticorpos contra o VIH, e o test chamado de "carga viral", que detecta supostas cantidades de VIH. Así, a compañía Abbot, unha das fabricantes do test ELISA, declara: "A proba ELISA soa non pode ser usada para diagnosticar Sida, mesmo se a investigación proposta con mostras reactivas suxire unha alta probabilidade de que os anticorpos VIH-1 estean presentes" (Abbot 1997).Pola súa parte, o folleto dun dos kits de W. Blott, test considerado en España como o test de confirmación (e prohibido no Reino Unido por pouco fiable) advirte: "Non usar este test como única base para o diagnóstico da infeción por VIH" (Epitope Organon-Teknika).De xeito semellante, o folleto que acompaña ao tan frecuentemente usado test de "carga viral" advirte: "O Amplicor VIH-1 Monitor test non está previsto para ser usado como un test de exploración para o VIH, nin como un test de diagnóstico para confirmar a presenza de infección por VIH" (Roche 2003).Haberá quen pense que estas advertencias, en relación ao test ELISA e ao test W. Blott, obedecen ao feito de que en España e noutros países cómpre, para o diagnóstico de infección por VIH, dar positivo en ambos os dous tests. Mais parece que os tiros non van por aí, xa que a explicación de Abbot vai moito máis alá, establecendo de xeito ben claro e inequívoco que "Na actualidade non hai estándar recoñecido para o establecemento da presenza ou ausencia de anticorpos VIH-1 no sangue humano" (Abott 1997).A que se refire Abott cando recoñece que "na actualidade non hai estándar recoñecido para o establecemento da presenza ou ausencia de anticorpos VIH-1 no sangue humano"?Abott estase a referir a algo moito máis grave do que parece a simple vista, algo que debería empezar a preocupar ás autoridades sanitarias pola conta que lles ten, pois ao admitir que "non hai estándar recoñecido" está admitindo, nin máis nin menos, a total invalidez dos tests para detectar o VIH, xa que está admitindo que falta a condición indispensable para que estes tests sexan minimamente fiables. E isto é así porque en medicina clínica o único método para establecer a sensibilidade e especificidade (a validez, en suma) dos tests virais indirectos, como é o caso dos tests de anticorpos, por exemplo, é a comparación dos resultados do test co estándar adecuado, que non é outro que a propia detección do virus no sangue fresco ou tecidos sen cultivar das persoas que dan positivo no test. É dicir, antes de usar o test na poboación, debemos de asegurar a súa fiabilidade, e isto compróbase mediante a detección do virus no sangue fresco nunha porcentaxe significativa das persoas que dan positivo no test. Doutro xeito, Como iamos poder asegurar que as persoas que dan positivo no test teñen o virus?O único estándar válido para todos os tipos de tests virais indirectos (sexan de anticorpos, de antíxenos ou de "carga viral") é a detección do propio virus no sangue fresco ou tecidos sen cultivar das persoas.O recoñecemento por parte de Abott de que "non hai estándar recoñecido", que é o mesmo que recoñecer que non se atopa o virus no sangue fresco das persoas (nin sequera para poder facer esas elementais comprobacións dos tests cos que precisamente se diagnostica nas persoas a condición de "portador" ou "infectado polo VIH"), supón, xa que logo, algo inaudito nuns tests que se veñen usando desde hai máis de 20 anos para diagnosticar a infección por VIH a moitos milleiros de persoas, algo que moi ben podería abrir a porta a moitas demandas xudiciais.E por que non se atopa o virus nas persoas? Ten lóxica que se fale dun virus que se transmite por sangue mais ao mesmo tempo sexa imposíble atopalo no sangue das persoas coa tecnoloxía actual, presupostos millonarios e máis un exército de investigadores no labor?De xeito inevitable acode a nosa mente o acontecido hai anos, durante a Conferencia Internacional da Sida en Xenebra, cando o Dr Ho, unha das eminencias mundiais do VIH, recoñeceu, ante as preguntas do periodista Huw Christie que, despois de 20 anos, non existía unha soa fotografía ao microscopio electrónico do VIH tirada a partir do sangue fresco dos doentes ou supostos portadores.Ao non se ter atopado nunca o VIH no sangue fresco de ningún ser humano, con ou sen Sida, non só nos atopamos diante dun argumento incontestable en contra de que este suposto virus sexa o causante de ningún proceso transmisible (a primeira condición das enfermidades transmisibles é que o suposto axente causal debe ser atopado en todos e cada un dos casos da enfermidade, no seu sangue fresco ou tecidos sen cultivar, ben se entende), senón que nos atopamos ante un argumento moi sólido en contra mesmo de que este suposto virus exista, agás que asumamos que o VIH é un virus invisible ou que cause a enfermidade "por control remoto".E novamente acode á nosa memoria outro suceso singular, do cal non deron conta os medios de comunicación: o chamado "Xuízo polo sangue contaminado" en Götingen, Alemaña, que tivo lugar desde 1995 a 1997. Nese xuízo, o virólogo alemán Stefan Lanka convidou ao tribunal "a que atopase un só científico que fose quen de comparecer para simplemente demostrar que o virus VIH existía e causaba a Sida e declaralo baixo xuramento". Malia o xuizo ser anunciado aos catro ventos nos medios, de súpeto cesou toda información. Que acontecera? Pois que, como o tribunal tivo ocasión de comprobar, o tal científico, capaz de comparecer no xuizo para declarar que o VIH existía e causaba a Sida aínda non tiña nacido, a pesar dos milleiros deles que acoden a multitudinarios congresos e que viven do conto do VIH.Estes feitos non fan máis que confirmar os datos e argumentacións que desde hai anos se veñen presentando en contra da Hipótese VIH-Sida por parte de investigadores de moito prestixio, como o retrovirólogo Peter Duesberg, quen xa espuxo en 1987 o carácter non infeccioso da Sida, ou o epidemiólogo Gordon Stewart, que sinalou hai anos que a epidemioloxía da Sida non correspondía á de ningunha epidemia infecciosa, ou a biofísica Eleni Papadopulos-Eleopulos, que chamou a atención en varias ocasións -a primeira delas en 1988- sobre o feito de que o suposto virus VIH non fora illado, ou o Premio Nobel de Química de 1993 pola invención da PCR (técnica utilizada segundo el fraudulentamente para medir as chamadas "cargas virais"), o bioquímico Kary Mullis, que denunciou a imposibilidade de atopar as simples referencias científicas dos supostos traballos que demostrarían que o VIH causa a Sida, e moitos centos de investigadores máis que desde hai máis de 15 anos piden un debate científico sobre o tema.Todos eles son censurados polos medios informativos e polas autoridades sanitarias nacionais e internacionais, aducindo, ironías da vida, "razóns de saúde pública".Mais agora resulta que xa non son estes científicos chamados "disidentes" (que hai pouco mesmo foron comparados nun artigo no New York Times cos que negan o "holocausto xudeu"), senón as propias compañías farmacéuticas que fabrican e venden os tests máis usados para diagnosticarlles a condición de "portadores" ou "infectados polo VIH" ás persoas, que nos din, (iso si, de xeito encuberto, para evitar demandas e poder seguir coa súa venda), que o valor dos tests para detectar o VIH non é maior que botar unha moeda ao aire e que, en definitiva, iso do "virus da Sida" ten máis de ficción que de realidade.E no medio deste panorama surrealista, que converte a actual visión oficial da Sida máis nun conto para nenos que nunha visión científica seria, a decisión das autoridades sanitarias españolas de proceder á realización dun rexistro que inclúe as persoas supostamente infectadas polo VIH, onde se aportan datos persoais sen garantía de segredo ou anonimato, á vez que un novo atropelo aos dereitos elementais, supón tamén un desatino máis por parte de autoridades, institucións e persoas obstinadas ano tras ano en permaneceren no limbo. Asociación Superando a Sida (SAS) Tf. 686741283 e-mail:mgsot@yahoo.com

http://www.robertogiraldo.com/ - Español
http://www.amcmh.org/ - Español
http://duesberg.com/ - Inglés
http://www.rethinkingaids.com/ - Inglés
http://aidsmyth.addr.com/index,htm - Inglés
http://free-news.org/indexe.hatm - Español


3,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: