Vieiros

Vieiros de meu Perfil


A Sociedade Cultural Madia Leva! de Lugo por unha vivenda digna

A SC Madia Leva de Lugo tratará de concienciar os veciños de Lugo da problemática do acceso á vivenda cun programa de actos lúdico e reivindicativo.

Enviada por SCMadiaLEva SCMadiaLEva o 21/12/2007 21:42

A sociedade cultural Madia Leva, consciente da grave problemática existente na nosa sociedade para poder acceder a unha vivenda, especialmente, na xente moza, desenvolverá unha serie de actividades co obxectivo de sensibilizar a todos os veciños de Lugo sobre a necesidade de poder gozar con dignidade deste dereito fundamental. Con este obxectivo, o sábado, 22 de decembro, dende as 20:00, o centro social Madia Leva, na rúa Amor Meilán, 18, acollerá o seguinte programa de actos:
-Concerto do grupo Ataque Escampe.
-Cea.
-Pasarrúas antiespeculativo: acto central desta xornada, na que uns "especuladores" moi particulares percorrerán diferentes rúas de Lugo para dar a coñecer as súas xustas reivindicacións, como a "legalización da fraude inmobiliaria" ou a prohibición radical da emancipación da xente nova, quen debera ficar eternamente no fogar familiar.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A Sociedade Cultural Madia Leva! de Lugo por unha vivenda digna