Vieiros

Vieiros de meu Perfil


A Liga Nacional de Billarda arranca por primeira vez na Coruña

A histórica data xa está posta e a Pista de billarda da Zapateira preparada para recibir en masa aos futuros palanadores da LNB. Ese palanador ou palanadora podes ser ti porque: A conferencia NorOeste quérete a ti!!

Enviada por sak sak o 15/11/2007 22:20

Este é un ano crucial na espectacular progresión da Billarda-LNB que comeza a invadir o país con paláns e billardas. A tempada 2007/2008 será recordada coma a do cambio de estructura competitiva, pasando dunha liga monolítica a un sistema de conferencias; a anterior liga pasa a ser a Conferencia NorLeste e créase a Conferencia NorOeste que comeza a andar na Coruña. Os campións indiviuais e as franquicias gañadoras de cada conferencia competirán nun playoff do que sairá o campión ou campiona da LNB.A histórica data xa está posta e a Pista de billarda da Zapateira preparada para recibir en masa aos futuros palanadores da LNB. Ese palanador ou palanadora podes ser ti, xa que a competición ainda non pechou o periodo de presentación de fichas e está aberta á participación espontánea.A conferencia NorOeste QUÉRETE A TI!!!


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A Liga Nacional de Billarda arranca por primeira vez na Coruña