Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Obradoiro "Vivir como enferma crónica"

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Obradoiro "Vivir como enferma crónica"

Obradoiro "Vivir como enferma crónica"

O luns 29 de outubro, ás 10:15 h, presentarase na sede da Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple e da Asociación Galega de Lupus (Centro Municipal Asociativo Domingo García Sabell, Praza de Esteban Lareo Bloque 17 Sótano, A Coruña) o obradoiro “VIVIR COMO ENFERMA CRÓNICA”, pioneiro a nivel europeo, do que se beneficiarán en total 48 mulleres de esclerose múltiple e lupus.

Enviada por acem acem o 27/10/2007 11:09

Na mesa de presentación estarán Pilar Mato (Directora Provincial do SERGAS), Mª Jesús Cerecedo (Xerencia de Atención Primaria), Silvia Longueira (Concelleira de Servizos Sociais), Mª Jesús Arias (Presidenta ds Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple), Eugenia Escudero (Presidenta da Asociación Galega de Lupus).

O obradoiro “Vivir como Enferma Crónica”, está enfocado dende unha perspectiva de xénero (EM, LUPUS). As estatísticas e a nosa experiencia reflicten que a maioría das patoloxías crónicas que manexamos afectan fundamentalmente a mulleres, polo cal cremos que é preciso abordar a problemática persoal, familiar, labora, económica, sexual, médica etc, tendo en conta o xénero. A través do taller e mediante un grupo de intervención grupal durante 3 meses para cada grupo de 12 persoas, abordaranse as dificultades que habitualmente debe afrontar unha muller cunha enfermidade crónica nas diferentes áreas da súa vida dende un enfoque multidisciplinar e integral. Ao mesmo tempo aportaranse diferentes estratexias de afrontamento das mesmas, algo que ata o de agora non se fixo nin en España nin en Europa. Para a posta en marcha deste obradoiro contamos co apoio do SERGAS, da Xerencia de Atención Primaria e da Concellería de Servizos Sociais.

O obxectivo do obradoiro é proporcionar ás mulleres afectadas de lupus e esclerose múltiple as ferramentes que lle axuden a comprender mellor a súa situación de saúde, tratamento e descubrir activamente o mellor xeito de crear un estilo de vida máis saludable, baseado nas necesidades individuais e na comprensión das súas propias reaccións e ás doutras persoas, de xeito que elas teñan un papel principal e protagonista no control da súa enfermidade crónica, potenciando así un “perfil de conducta normal de enfermidade”. Trátase de que coñezan aspectos específicos da súa saúde integral, favorecendo a responsabilidade directa e activa, tendo en conta os seus valores e crenzas e dándolle despostas axustadas e individualizadas coa fin de ter unha maior capacidade de control no seu proceso de saúde. Abordaranse as diferentes cuestións biopsicosociais que as afectan nas diferentes etapas das súas vidas como mulleres mediante unha ferramenta de traballo aberta, flexible e dinámica, onde as reaccións e vivencias doutras persoas lles axudarán a relativizar as súas propias.

En cada obradoiro intervirán un total de 22 profesionais, todos eles relacionados directamente con ambas patoloxías crónicas: 14 na área de saúde física, 4 na de saúde mental e 4 na social laboral. Será unha experiencia piloto a nivel nacional e formará parte do protocolo de actuación da acem (Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple). Tamén poderán beneficiarse do mesmo mulleres que non pertenzan a ningunha Asociación e que sexan derivadas dende os centros de Atención Primaria.

Para máis información poden poñerse en contacto coa acem dos seguintes xeitos:

Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple, Centro Municipal Asociativo Domingo García Sabell Praza Esteban Lareo Bloque 17 sótano, A Coruña

acemesclerosis@telefonica.net

981 24 09 85


Documentos

5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: