Vieiros

Vieiros de meu Perfil


IV Congreso Internacional Educared

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de IV Congreso Internacional Educared

IV Congreso Internacional Educared

IV Congreso Internacional EducaredCo lema "Educar en comunidade" comeza o vindeiro luns 29 de outubro o IV Congreso Internacional de Educared, no que participará o Aula de Música de Cámara do Conservatorio Superior de Música da Coruña, coa presentación da experiencia educativa “Xestión de espazos Web no ámbito das ensinanzas superiores de música. Unha experiencia no ámbito da música de cámara”. Esta terá lugar o martes 30 ás 19:15 na sala Amsterdam do Palacio Municipal de Congresos de Madrid.

Enviada por musicadecamara musicadecamara o 26/10/2007 17:50

Todo o Congreso, no cal están inscritos máis de 2000 participantes, retransmitirase en directo polo portal de EducaRed e contará coa contribución de numerosos especialistas nacionais e estranxeiros que tratarán os temas de maior actualidade e interese, tanto no ámbito puramente pedagóxico como no da aplicación das tecnoloxías da información e a comunicación ao labor docente.

» Ler o artigo na bitácora do Aula de Música de Cámara do Conservatorio Superior de Música da Coruña


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: