Vieiros

Vieiros de meu Perfil


o PSOE privatiza o Servizo de Atención ao Cidadán triplicando o seu custo

  Este goberno, non contento con proseguir coa coñecida política do partido popular de contratación de asistencias técnicas, adxudicacións pouco claras e creación de novos "chiringuitos" a conta do erario público, agora pretenden privatizar tamén os servizos públicos existentes na Xunta de Galiza. Ademais da xa coñecida publicación no DOG por parte da Vicepresidencia do concurso para a contratación dun servizo externo para levar a cabo a tramitación das adopcións na Xunta de Galiza, a Consellería de Presidencia non se queda atrás e segue na mesma liña. O seu titular, José Luis Méndez Romeu e o seu Secretario Xeral, Santiago Roura, acaban de formalizar a privatización do servizo de atención ao cidadán, coñecido como o 902 12 00 12 que, dende hai anos ven atendendo e informando telefónicamente aos administrados de todos os procedementos que se levan a cabo na Xunta de Galiza.
O custo actual deste Servizo para a Administración é de 228.949,32 €, o correspondente ao salario do persoal que traballa nel. O custo que suporá a partires de agora será de  1.733.000€ desglosados na seguinte maneira: 570.000 € para o ano 2007, 698.000 € para o ano 2008 e 465.000 € para o 2009.  Hai que ter en conta que os traballadores actuais deste servizo, como persoal laboral fixo que son, seguirán prestando os seus servizos na Administración da Xunta polo que seguirán, como é lóxico, cobrando o seu salario.
A eficacia e bon funcionamento do Servizo non deixa lugar a dúbida, tal e como se pode comprobar nos informes diarios que rexistran cada unha das chamadas atendidas por este persoal. Polo tanto, nin dende o punto de vista económico nin dende o punto de vista do funcionamento do servizo tampouco se pode xustificar este procedemento, que, ademais foi levado a cabo de xeito premeditado durante o mes de vacacións co fin de que pasase o máis desapercibido posible, sen previa comunicación aos afectados/as nin aos seus representantes sindicais desta situación.
A estes feitos, hai que engadir que este servizo habitualmente traballa con datos confidenciais, tanto dos administrados como do persoal ao servizo da Xunta, dos que se vai a responsabilizar unha empresa privada. Quén vai garantir a partires de agora a confidencialidade no tratamento destes datos?. Só mediante a aplicación dos principios de publicidade, mérito e capacidade se garante ao cidadán que o traballo que se vai desenvolver na Administración da Xunta de Galiza, vai ser un traballo responsable, serio e eficiente. Ademais de que a Lei de Orzamentos regula as asistencias técnicas, afirmando que só se empregarán en casos puntuais, nunca en traballos que supoñan continuidade.
Ou é que isto vai supoñer unha nova porta de atrás para o persoal que traballe na empresa á que se lle adxudique o proxecto, que dentro duns anos poderá demostrar no xulgado a súa relación laboral coa Xunta de Galiza sen pasar uns procesos selectivos como é habitual nesta Administración?
Na CIG estamos en contra de calquera privatización dos Servizos Públicos polo que emprenderemos as medidas legais oportunas para desmantelar calquera irregularidade cometida pola Administración.

Enviada por cig-autonomica cig-autonomica o 25/10/2007 13:30

  Este goberno, non contento con proseguir coa coñecida política do partido popular de contratación de asistencias técnicas, adxudicacións pouco claras e creación de novos "chiringuitos" a conta do erario público, agora pretenden privatizar tamén os servizos públicos existentes na Xunta de Galiza. Ademais da xa coñecida publicación no DOG por parte da Vicepresidencia do concurso para a contratación dun servizo externo para levar a cabo a tramitación das adopcións na Xunta de Galiza, a Consellería de Presidencia non se queda atrás e segue na mesma liña. O seu titular, José Luis Méndez Romeu e o seu Secretario Xeral, Santiago Roura, acaban de formalizar a privatización do servizo de atención ao cidadán, coñecido como o 902 12 00 12 que, dende hai anos ven atendendo e informando telefónicamente aos administrados de todos os procedementos que se levan a cabo na Xunta de Galiza.O custo actual deste Servizo para a Administración é de 228.949,32 €, o correspondente ao salario do persoal que traballa nel. O custo que suporá a partires de agora será de  1.733.000€ desglosados na seguinte maneira: 570.000 € para o ano 2007, 698.000 € para o ano 2008 e 465.000 € para o 2009.  Hai que ter en conta que os traballadores actuais deste servizo, como persoal laboral fixo que son, seguirán prestando os seus servizos na Administración da Xunta polo que seguirán, como é lóxico, cobrando o seu salario.A eficacia e bon funcionamento do Servizo non deixa lugar a dúbida, tal e como se pode comprobar nos informes diarios que rexistran cada unha das chamadas atendidas por este persoal. Polo tanto, nin dende o punto de vista económico nin dende o punto de vista do funcionamento do servizo tampouco se pode xustificar este procedemento, que, ademais foi levado a cabo de xeito premeditado durante o mes de vacacións co fin de que pasase o máis desapercibido posible, sen previa comunicación aos afectados/as nin aos seus representantes sindicais desta situación.A estes feitos, hai que engadir que este servizo habitualmente traballa con datos confidenciais, tanto dos administrados como do persoal ao servizo da Xunta, dos que se vai a responsabilizar unha empresa privada. Quén vai garantir a partires de agora a confidencialidade no tratamento destes datos?. Só mediante a aplicación dos principios de publicidade, mérito e capacidade se garante ao cidadán que o traballo que se vai desenvolver na Administración da Xunta de Galiza, vai ser un traballo responsable, serio e eficiente. Ademais de que a Lei de Orzamentos regula as asistencias técnicas, afirmando que só se empregarán en casos puntuais, nunca en traballos que supoñan continuidade. Ou é que isto vai supoñer unha nova porta de atrás para o persoal que traballe na empresa á que se lle adxudique o proxecto, que dentro duns anos poderá demostrar no xulgado a súa relación laboral coa Xunta de Galiza sen pasar uns procesos selectivos como é habitual nesta Administración?Na CIG estamos en contra de calquera privatización dos Servizos Públicos polo que emprenderemos as medidas legais oportunas para desmantelar calquera irregularidade cometida pola Administración.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: