Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Convocada unha manifestación pola defensa do territorio

O pasado sábado día 20 celebrouse unha xuntanza da Rede Litoral Vivo na que se decidíu convocar unha manifestación o 17 de febreiro en Compostela. Tamén se acordou cambiar o nome da entidade polo de Rede Galiza Non Se Vende. Actualmente constitúen este movemento máis de 60 colectivos ecoloxistas e culturais de Galiza

Enviada por Kropotkin Kropotkin o 23/10/2007 12:49

Xuntanza da “Rede Litoral Vivo”

1Como resultado da incorpaoración á Rede Litoral Vivo de novos colectivos procedentes doutras localidades do interior do País, afectadas por diferentes desfeitas non relacionadas co litoral, acórdase por maioría integrar ditas entidades na Rede e denominala “Rede Galiza Non se Vende”. En calquera caso, todos/as estiveron dacordo en manter o esprito co que se criou a Rede Litoral Vivo de non permitir a integración de partidos políticos nen sindicatos. Para a elaboración dunha nova páxina Web da Rede Galiza Non se Vende encargouse Fusquenlla
Para presentar en Rolda de prensa á nova Rede Galiza Non se Vende acordouse agardar a ter elaborada a páxina Web, que terá que ser en breve prazo.
Recalcouse que a Rede é horizontal e que, polo tanto, calquera das entidades que a integran poden, e deben, tomar por si mesmas a iniciativa de convocar as xuntanzas de dita Rede cando sexa preciso, evitando que as convocatorias partan sempre dun mesmo colectivo. Houbo un debate sobre as formas en que se presentaron sinaturas contra o Plan Acuícola e sobre as mobilizacións acordadas para o vindeiro día 4 en Corrubedo. Demandóuse unha maior coordinación entre todos os colectivos que se opoñen a este plan, e prometeuse traballar polas accións unitarias.Todas as entidades que integran a Rede apoiarán e participarán na movilización do día 4 ante a necesidade de frenar o Plan Acuícola, contra a proliferación de piscifactorías e, en suma, contra a privatización e destrución do litoral. Acórdase apoiar como Rede Litoral Vivo, dado que Galiza Non se Vende todavía non foi apresentada públicamente. Por outra banda, acordouse convocar unha grande manifestación nacional por parte da Rede Galiza Non se Vende para o Domingo dia 17 de febreiro do 2008; pois considerouse que convocar unha manifestación nacional antes desa data resultaría precipitado debido á falta de tempo necesario para elaborar o material, convocar a un grande número de entidades, etc. En calquera caso, acordouse participar naqueles actos reivindicativos previstos no que queda de ano e aproveitalos para dar a coñecer a nova Rede e informar da grande movilización. Para preparar a grande movilización do 17 de febreiro do 2008, creouse unha Comisión de traballo integrada por membros de Fusquenlla, A Ria Non se Vende, S.O.S. Courel, Afectados/as polo Vertedoiro de Carvalleda de Ávia (Ribadavia), Burla Negra, Greenpeace e Verdegaia. S.O.S. Courel informou, ademáis, sobre a nova Lei de Minería, comprometéndose a conseguir información sobre o asunto para formular alegacións. Informouse que o 17 de novembro está previsto o Festival Terractiva en Arzúa e que hai dispoñibeis tres stands para publicitarse. Acordouse que a Rede Galiza Non se Vende participe en dito festival e se aproveite un dos stands para dar a coñecela e informar sobre a grande movilización de febreiro.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: