Vieiros

Vieiros de meu Perfil


2º ASALTO DA SUPERLIGA DE BILLARDA NA CONF. NORLESTE!!

Todo xa preparado para iste domingo 21 na pista polideportiva de Santo Adrao (Lourenzá) voltar a sentir a emoción dunha nova CARREIRA DA XORNADA entre Iván (Spaorting ) e Marcos ( Remourelle-bulls) que será retransmitida en exclusiva mundial polas indomábeis cámaras de TELE-VARAL. Iván recén fichaxe dos Sporting Petapouco procedente da EkipA quere demostrar fronte a un debutante na competición Marcos que o bó rendemento da pasada tempada non foi un espellismo.

Enviada por xviluba xviluba o 16/10/2007 12:44

Frenética actividade que se aveciña, por un lado a pista de Santo Adrao no concello lugués de Lourenzá vai ser o marco do segundo asalto da SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA iste vindeiro domingo 21 de outubro na súa conferencia NorLeste para despois,  o domindo 4 de Novembro a Selección Galega de billarda montar de novo na Guagua e viaxar cara terras Astures para alí , baixo a presión dunha enfervorizada afeccion asturiana , tentar acadar a 1º edición da Copa Cantábrica de billarda#lirio.

www.ovaral.blogspot.com


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



IVÁN VS MARCOS : A CARREIRA DA XORNADA NO 2º ASALTO DA SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA NA CONF. NORLESTE.