Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Reperkusión'07 celebra o seu V Aniversario ofrecendo a entrada gratuita

Nesta nova edición de REPERKUSIÓN hai moitas novidades. A primeira delas é a entrada gratuíta a tódalas actividades e espazos nos que ten lugar o festival. Os promotores queren celebrar os cinco anos de REPERKUSIÓN agradecendo o apoio recibido polo público en tódalas edicións do festival e ofrecendo este ano a entrada libre.

Enviada por Damch Damch o 04/09/2007 13:11

Outra das novidades son os espazos nos que se desenrolan as actividades do festival. A diferenza doutros anos, REPERKUSIÓN localízase en dous únicos recintos. No Espazo de día (Praia de Acearrica) terán lugar os obradoiros (malabares, danza africana, danza oriental, percusión e risoterapia), ademáis de concertos, espectáculos e exposicións. E o Espazo de Noite (Campo de Vilanova) resérvase para os concertos máis importantes e os djs, que manterán a festa ata a mañá.

Xa está pechado o cartel, con máis de 200 artistas invitados que pasarán por Allariz (Ourense) os vindeiros 14, 15 e 16 de Setembro.

Espazo de día:
Cigani&Cía, Espíritu Santuka, Anonima Nuvolari, Pablo Trasno, Malabreikers, A Magnifique band des hommes sans medo, Bloco do Baliza, Miñor Swing, Bumtaka, Sherpah, Ale-Hop ... Vº Encontro de Malabares e Artes do Circo, Mercadiños, gastronomía, show room, performances...

Espazo de Noite:
Telephunken, Percubaba, Balsted Mechanism, Kumpania Algazarra, Komunikando Troupe (Banda Potemkin, Festicultores Troupe, Sonoro Maxin, Os 3 Trebóns, Pulpiño Vascón, e algunha outra sorpresa), Max Doblhoff [vienna loco - club cruise], Julius is possible (Taboo Crew - Madrid) e Silicone Soul.

Mais Info.: www.reperkusion.com


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Reperkusión'07 celebra o seu V Aniversario ofrecendo a entrada gratuita