Vieiros

Vieiros de meu Perfil


ADEGA alerta contra a chegada do mexilón cebra

mxcebra3.jpg31 de xullo de 2007. A imparábel expansión do mexilón cebra (Dreissena polymorpha) que xa invadíu a cunca do Ebro e ameza con estenderse á do Norte, esixe medidas de control e prevención por parte das administracións e dos particulares. O principal vector de introducción é o trafego de embarcacións dende zonas contaminadas, polo que ADEGA solicita tamén a colaboración de entidades como as federacións de pesca, os clubes de deportes fluviais, as empresas de turismo de aventura e a cidadanía en xeral para retrasar a aparición deste especie en Galiza.
 

Enviada por ADEGA ADEGA o 31/07/2007 13:38



caractmx.jpg  Esta especie de pequeno bivalvo (até 3 cm) orixinaria do Mar Caspio é propia de augas doces, tolerando algo as salobres. Estase a espallar de xeito exponencial por numerosos cursos fluviais das cuncas mediterráneas. No estado español está presente dende 1994, anque a súa presenza no se detectou até 1997. A probábel vía de chegada son o trafego de embarcacións de pesca deportiva, de xeito que na península, existe a seguranza de que o mexilón cebra chegou mediante a importación de embarcacións de segunda man contaminadas dende Gran Bretaña.

 
 
  Sobre os seus efeitos ecolóxicos, o mexilón cebra é un organismo filtrador que retira abundante materia orgánica e  plancton, clarificando a columna de agua e provocando alteracións na estrutura trófica do ecosistema, alén de desprazar a outras especies autóctonas coma o mexilón de río (Margaritifera margaritifera) en perigo de extinción. O seu periodo de reproducción son os meses de maio a xullo e de setembro a novembro, en función do rexime de temperaturas do medio.mxcebra2.jpg
  A nível económico, os problemas veñen da súa capacidade para atorar cualquera captación ou tubaría de agua, coa conseguinte reducción de caudal, menores rendementos, maiores custos de mantemento, etc. Na cunca do Ebro, a Confederación Hidrográfica ten realizado unha valoración dos danos económicos causados pola presenza do mexilón cebra, que se estiman nuns 3.000.000 de € até finais de 2006, e que serán arrededor de 40 millóns se se extrapolan a 20 anos.
 Até hoxe e que saibamos, esta especie aínda non está presente en Galiza, mais dado o seu potencial de expansión algúns expertos opinan que só é cuestión de tempo que chegue aos nosos ríos. Por iso, ADEGA quere facer un chamado ás administracións, nomeadamente á Xunta e ás Confederacións Hidrográficas do Norte e do Douro, para que estremen as medidas de control e prevención para evitar a introducción desta especie nos nos ríos galegos.skacebra.jpg
  Neste senso, a Confederación Hidrográfica do Norte está a desenvolver un programa de mostraxe en nove encoros de Lugo e Ourense. Mais isto non é suficiente: ADEGA reclama da Xunta que faga o propio nas bacías de Galiza-Costa e inicie unha ambiciosa campaña de prevención e divulgación contra a introducción en Galiza desta especie.
  Dado que o principal vector de introducción do mexilón cebra é o trafego de embarcacións dende zonas contaminadas, que poden portar adultos e/ou larvas, ADEGA solicita tamén a colaboración de entidades como as federacións de pesca, os clubes de deportes fluviais, as empresas de turismo de aventura e a cidadanía en xeral. Na época de verán e dada a afluenza de turistas, cómpre estremar as precaucións.

 
 Existen unha serie de medidas profilácticas que pasan polo tratamento axeitado das embarcacións, aparellos e prendas procedentes dos ríos infestados.mxcebranon.jpg Logo da prática deportiva en augas "contaminadas" recoméndase empregar sistemas de limpeza con agua máis de 60 graos en prendas e barcas para eliminar adultos e larvas, desaugar a auga de lastre, renovar os circuitos de refrixeración dos motores con auga limpa e permanecer en dique seco un mínimo de sete días, entre outras medidas.
A loita contra a expansión do mexilón cebra é cousa de todos/as!


 


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: