Vieiros

Vieiros de meu Perfil


III Seminario de Música Moderna e Improvisación de Monforte de Lemos

Do 20 ao 25 de Agosto de 2007. Improvisación vocal - armonía moderna - jazz - pop - rock - funk - blues.

Enviada por novasmusicas novasmusicas o 16/07/2007 18:21

IMPROVISACIÓN VOCAL - ARMONÍA MODERNA - JAZZ - POP - ROCK - FUNK - BLUES
Fernando Llorca, batería
Roberto Somoza, saxofón e frauta
Carlos Calviño, guitarra
Andy Phillips, voz e piano
Charlie Moreno, baixo eléctrico


3º SEMINARIO DE MÚSICA MODERNA E IMPROVISACIÓNHarmonia moderna

COMBO
-Interpretación: Articulación rítmica, corchea swing, dinámicas e acentuación.
-Repertorio: Blues, modal, tonal e progresións.
-Estilos: Blues, swing, Be-Bop, bossa, funk, latin, Pop...
TEORÍA
-Ritmo: Tempo, flexibilidade, compases, síncopas e desprazamento rítmico.
-Harmonía: Escalas e modos, acordes, tensións, notas a evitar, funcións tonais, intercambio modal, modalización, progresións e substitucións.
-Melodía: Notas reais e adorno, motivo, imitación e variación.
-Escritura: Nomenclatura universal e cifrado.
ANÁLISE

-Rítmico, harmónico, melódico, estilístico, estético e formal.
IMPROVISACIÓN
-Escalas, densidade rítmica, lonxitude de frase, enlace harmónico, adornos, tensións e desenvolvemento de solos.

IMPROVISACIÓN VOCAL:

OBXECTIVOS
1) Mellorar o oído interno a través de exercicios individuais ou en grupo a)canones en clave moderno b)cantar escalas c)cantar arpexos d)cantar patróns progresivamente mais complexos2) Fomentar a creatividade e a liberdade de expresión... desbloquear a inhibición do alumno a)exercicios lúdicos b)conversaciones musicais coa voz c)traballar o ritmo nas frases d)usar sílabas "scat"3) Reforzar o traballo de linguaxe musical a)exercicios en clave de jazz e blues b)lectura de exemplos vocais dunha ou máis voces4) Reforzar o traballo de harmonía a)cantar as escalas, arpexos e patróns harmonicamente correctos segundo o acorde ou progresión harmónica5) Improvisar a)sobre melodías coñecidas e estándares, ademais das progresións de blues, II-V-I, e temas mais complexos, etc.Cantar obras a catro ou mais voces a capela (opcional)LINGUAXE: "FEELING/ SENTIMENTO"- Traballar o sentido do "swing"; explicar a súa matemática- Coñecer a forma, sentir os compases dentro da forma- Coñecer as articulacións: mordentes, bends, inflexións, caidas, doits, gliss, shakes,- Experimentar con diferentes timbres vogais- ScatHARMONÍA- Blues rural, sinxelo, e blues con turnaround- Dominantes por extensión- Blues menor- Acordes con progresións sinxelas: I IV; I V I; I bVii; II-7 b 5 V7 alt. (menor)- Notas guia- II V I, (D-7 G7, G-7 C7 & D-7 G7, C-7 F7 e as súas variantes)- Turnarounds varios, I VI II V, e as súas variantes.- Progresión do tema "I´ve Got Rhythm"IMPROVISAR COMO SOLISTA E EN CONXUNTO- Improvisar acentos, atrasar o swing, etc.- Conversar- Improvisar con escalas exóticas (árabe, dobre harmónica, tonal etc.)- Canones- "africano", II-V-I- Blues con baixo boogie cantado- II V I en clave "dixie"- Improvisación rítmica- Improvisación sen harmonía con fondos en ostinato- Lectura e aprendizaxe de solos: Straight No Chaser; Summertime de Miles; I Can´t Get Started de Dizzy Gillespie, Tom Harrell e Lester Young; Take The A Train de Harold Land e Clifford Brown; I´m in the Mood for Love con solo.

Combos
POP-ROCK: Carlos Calviño
JAZZ: Roberto Somoza
JAZZ:Fernando LlorcaBLUES: Andy Phillips
FUNK:Charlie Moreno
Improvisación vocal : Andy Phillips
MATRÍCULA

Prezo: 100 €
As inscricións poderanse enviar por correo postal, fax, ou por correo electrónico.
DIRIXIDO A
Persoas con coñecementos musicais que desexen achegarse á música moderna.
Persoas interesadas en ampliar coñecementos sobre a linguaxe empregada nos distintos estilos da música moderna.
Músicos profesionais, semiprofesionais ou estudantes coa necesidade de ampliar os seus recursos para a interpretación, a improvisación, a escoita, a creación, etc...
Profesores que fan ou queren facer música nas aulas. No seminario ampliaran os seus recursos pedagóxicos.
Poderan participar no seminario músicos de calquera especialidade instrumental.
HORARIOS
Aulas teórico-prácticas. Conservatorio Profesional de música "Mestre Ibáñez":
10:30 H a 13:30 H 16:30 H a 18:30 H
ALOXAMENTO

Prezo: 30 €, só estancia. Entrada a noite do domingo 19 e saída a mañán do domingo 26
Nº de prazas dispoñíbeis: 30. Asignadas por orde de inscrición
Reservas aloxamento: 986 844104 / 659 474352
A organización facilitará información sobre outros aloxamentos e restaurantes.
SEDE DO SEMINARIO
Conservatorio Profesional de Música " Mestre Ibáñez". Avda. Emilia Casas Baamonde s/n.
Monforte de Lemos
ORGANIZACIÓN:
Escola de Estudios Musicais A Tempo
Praza A Castaña, 2 baixo, 36.002 Pontevedra
teléfonos:986 84 41 04/ 659 47 43 52
fax: 986 84 41 04 atempo.org@gmail.com
http://www.escolaatempo.com
http://www.novasmusicas.com

INFORMACIÓN ADICIONAL
· Os grupos practicarán estes contidos nun repertorio axeitado ao seu nivel e composto por temas de diferentes estilos.
· Os grupos de traballo formaranse de acordo co nivel teórico e instrumental dos alumn@s.
· O grupo-Iniciación estará formado por alumn@s de 12 anos en adiante e con coñecementos básicos de instrumento.

· Os asistentes recibirán un diploma acreditativo ao final do seminario.
· Ao longo da semana alumnos e profesores terán a oportunidade de participar en diversas sesións musicais organizadas en distintos pontos de Monforte de Lemos.
· As prazas son limitadas e asignaránse por orde de inscrición.
· Os participantes do seminario terán que levar o seu instrumento, agás pianistas e bateristas.
· Todos os participantes deben traer un atril debidamente identificado.
· O coordinador e os profesores estudarán as solicitudes para para elixir o nivel axeitado a cada alumno.

PROFESORES
ANDY PHILLIPS ( Piano moderno e voz )Nace en Nova Iorke onde estuda piano e se gradua "cum laude" no Berklee Collage of Music onde realiza estudos de composición, arranxos, piano clásico e jazz. Foi " embaixador cultural" de EEUU en Oriente, levando a súa música aos pobos e nenos de varios paises. Traballa para a Aula de Música de Barcelona , como profesor e director musical en Kensington Elementary School ( Barcelona ) para a Escola Americana ( Aravaca - Madrid ). Profesor de piano, improvisación e harmonía na Escuela de Música Creativa de Madrid. Escribe o método "Técnicas básicas de jazz para teclado " primeiro método de jazz escrito e publicado en España. Participa como teclista en numerosos grupos de pop, flamenco, country etc. Codirector do grupo " Por supuesto Rhythm Blues ". Actualmente lidera o seu cuarteto de rhythm and blues " Screamin ‘ Mimis " que ten publicado un CD " Eat the World ".
Carlos Calviño [guitarra]

ofesoPrr superior de guitarra polo Conservatorio Superior de Vigo. Colaborador de distintas formacións galegas (Quinta feira, Blanco, Oscar Ibáñez&Tribo, Fanjazz, Alberto Conde...). Actualmente combina o traballo como profesor de ensino secundario na especialidade de música co de profesor de guitarra e harmonía moderna na Escola de Música A Tempo (Pontevedra).
Fernando Llorca [ batería ]Baterista de jazz. Natural de Vigo, realizou estudos de batería no taller de músicos de Barcelona e amplía coñecementos jazzísticos nos seminarios de Madrid co batería norteamericano Billy Hart.Traballou nas seguintes formacións: Outeiro, Clunia, Baio Ensamble, Amador Garcia Trio, Fernando llorca Jazz Quartet, Thomas Chapin Quartet, María Joao Quinteto, Joe Fonda Trío,Mmike Rabinowitz, Gary Smullian Quartet, Andrezj Olejniczak...Fernando Llorca traballou con destacados músicos do jazz: Joe Fonda, Mikel Rabinowitz, Pedro Barreiros, Victor Merlo, Carlo Morena, Jorge Pardo, Roberto Rossi, Thomas Chapin, Gary Smullian, Perico Sambeat, Paolo Fresu, etc...Membro de Clunia Jazz, adicou o seu disco Mr. Cal (Clave records 2001) o seu compañeiro na devandita agrupación jazzística Antonio Cal, xa desaparecido. Acompáñano no disco Roberto Somoza, Alberto Conde, Kin García e Carlos Castro.Profesor no Conservatorio Superior de Música de A Coruña na Especialidade de Jazz.
Roberto Somoza [saxofón e frauta]
Primeiro premio no Festival Xacobeo Pop Rock (1994).
Traballa con distintas formacións: "Atlantic band" (Fernando Llorca), a Big band do Conservatorio Superior de Música de A Coruña (formacións coas que grava sendos discos), dúo con Nani García, Uxía, João Afonso, Trío Jazzers, Susana Seivane, Alberto Conde. Forma parte do grupo Clunia Jazz. Ten gravado dous discos co seu grupo Roberto Somoza Trío: " Regra de tres " " Tempos de cambio ".Profesor do Conservatorio Superior de Música de A Coruña na Especialidade de Jazz.
Vicepresidente da Asociación Galega de Música Jazz (AGAMUJAZZ).
Charlie Moreno [ baixo eléctrico ]estivo becado na Berklee School of Music. Actualmente é profesor de baixo e músico profesional. Recibiu aulas dos baixistas: Victor Wooten, Richard Bona, Victor Bailey...Participou, como artista invitado, na homenaxe a Jaco no 2003. Windmill produce o modelo Windforce asinado por Charlie Moreno e deseñado seguindo as súas especificacións.No 2005 edita o seu primeiro traballo en solitario: "So Lonely". Andreas Prittwitz produtor, Charlie Moreno coproduce xunto a Mariano Díaz pianista e técnico de son.Formou parte do grupo Reunión '06 con Check Loeb guitarra, Eric Marienthal saxo, Anthony Jackson baixo, Jim Beard teclado, Josh Dion batería e Till Bröenner trompeta.Foi coordinador dos seminarios e master class organizados polo festival internacional Canarias Jazz.
Miguel Ángel Rodríguez [coordinador]Licenciado en Filosofía e CC da Educación especialidade Sicoloxía Clínica (Santiago de Compostela). Profesor Superior de saxofón (Conservatorio de Sta. Cruz de Tenerife )
Director do coro "Cántigas e Agarimos" (Compostela).
Profesor de Secundaria, na especialidade de Música.
Director da Big Band "Tejina", coa que participou na 1ª edición do festival de jazz de La Laguna. Director da orquestra "División Musical"do I.E.S Xunqueira 1, cos que ten gravado o disco "Rock no ensino público".

FORMULARIO DE INSCRICIÓN
Ingresar o importe da matrícula ( e o importe do aloxamento se fose o caso ) no seguinte nº de conta de Caixa Galicia:
2091 0126 90 3110000019. Especificando como concepto do ingreso:
" 3º Seminario de Música Moderna e Improvisación"
Enviar este formulario xunto cunha fotocopia do ingreso a:
Escola de Estudios Musicais A TEMPO,Praza A Castaña, 2 baixo,36.002 Pontevedra.nome e apelidos
idade
d.n.i
enderezo

andar
c.p
poboación
provincia
teléfonos
correo electrónico
instrumento
anos de práctica
estudos realizadossinale a opción desexada:
seminario sen residencia 100 €:
seminario con residencia 130 €:


Documentos

4,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



III Seminario de Música Moderna e Improvisación de Monforte de Lemos. Agosto 2007