Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

As cousas cheiran mal en Corrubedo

Os veciños e veciñas de Corrubedo (Ribeira) están fartos dos malos cheiros e dos vertidos de augas residuais á praia (a un paso do Parque Natural das Dunas de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán) que está a efectuar unha fábrica de conservas. Para facer fronte a esta situación, acaban de constituír unha plataforma en defensa da calidade ambiental do contorno de Corrubedo

- 08:24 30/06/2000
Tags:

No pleno do Concello de Ribeira celebrado o luns 26 o alcalde, Xosé Luis Torres Colomer, e o tenente de alcalde, Manuel Ruiz, respondendo a unha pregunta dun concelleiro do PSdG-PSOE, recoñeceron que a conserveira aínda non obtivo o permiso municipal de apertura e cambio de actividade. Aínda consta como almacén frigorífico, polo que o seu funcionamento é irregular.

O goberno municipal pretende darlle un prazo para regularizar a súa situación, é dicir, para obter os permisos que non tiña, para realizar reformas que non danen aos veciños, etc. Porén, os veciños non se conforman e non están dispostos a aturar un minuto máis unha actividade ilegal que degrada notabelmente a súa calidade de vida.

En próximas reunións da plataforma veciñal decidirase que postura tomar en base a dúas liñas: ou ben pedir o peche cautelar de toda actividade conserveira ata que se arranxen os problemas con todas as obras que promete o Concello, ou ben solicitar directamente o peche da fábrica, de xeito que como moito esta volva a desempeñar só a función de almacén frigorífico, que nunca causou ningún trastorno á vila.

Segundo as normas urbanísticas vixentes no Concello de Ribeira, semella que, ao estar localizado nun casco urbano, non se podería permitir a ampliación do almacén frigorífico ou a súa conversión nunha conserveira.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: