Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Fernando Ónega, nos “Encontros Xornalísticos”

O xornalista galego Fernando Ónega visita Ferrol este venres, día 9 de xuño, para participar como relator no ciclo “Encontros Xornalísticos”. A súa conferencia versará sobre “A información na era da globalización” e o papel que lles corresponde aos profesionais da comunicación na era da descentralización dos medios de masas.

- 06:08 07/06/2000
Tags:

Unha das sesións máis interesantes dos “Encontros Xornalísticos” chega este venres coa intervención do xornalista galego Fernando Ónega, que abordará unha reflexión sobre o papel da información nunha sociedade globalizada na que os medios de comunicación de masas experimentan procesos de descentralización. Ónega percorrerá as diferencias entre as vellas voces do xornalismo e o abarrote da nova comunicación, artellada ao redor de novas ferramentas e instrumentos para o oficio de contar o que acontece.

Será a segunda entrega dun ciclo que comezara o 19 de maio coa intervención do defensor do lector no diario “El País”, Camilo Valdecantos, e que rematará o 16 de xuño cunha mesa redonda sobre “Medios dixitais. Información á carta”. Os convidados para pechar os “Encontros Xornalísticos” nesa data son o director técnico da Cadena COPE, Isaac Moreno; o director editorial da División de Prensa Diaria Grupo Z, Xosé Luis Gómez; e o coordinador técnico comercial de Intelsis, Xosé Luis Cantón. O encontro será moderado polo director de Diario de Ferrol, Xermán Castro.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: