Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Na procura do "respecto" pola cidadanía

Cataluña relanza a reclamación dunha reforma constitucional

O socialista Montilla pide "cambio" para a relación de "confianza" entre o Estado e as nacións que acolle. ERC ve un chanzo na "transición tranquila á independencia".

Redacción - 10:15 17/07/2010

"Se España quere dar unha solución ao secular problema catalán, ten que estar disposta a cambiar", expuxo o presidente da Generalitat no seu discurso esta sexta feira no Parlament catalán. Unha relación que, advertiu o líder do PSC, debe comezar por "admitir que non se trata do problema duns cantos, senón dun problema constitutivo, da súa propia esencia".

"Faltáronnos ao respecto", reprochou José Montilla en nome da cidadanía catalá, explicando que cara ao futuro hai que recuperar as "garantías xurídicas" do Estatut nun proceso que "moi probablemente será a través dunha reforma da Constitución que recoñeza explicitamente a nosa realidade nacional". Montilla falou dunha "hora grave e esixente para Cataluña" e da vontade do pobo catalán "alterada" por posicións políticas españolas acompañadas "dunha actitude hostil da clase política e a sociedade española cara ás lexítimas aspiracións catalás de autogoberno".

Por outro lado, o voceiro de ERC no Parlament, Joan Ridao, sinalou que a actualidade recente ao fío do Estatut e da sentenza do Tribunal Constitucional, así como a manifestación posterior de protesta masivamente apoiada pola cidadanía catalá "son o inicio dunha transición tranquila e democrática cara a independencia de Cataluña". Un chanzo que, en opinión de Ridao, avanza Cataluña logo de que "se nos diga aos cataláns que somos pouco menos que unha subespecie de cidadáns e que non hai outra nación que a matriz castelá".

Recomendámoslles ampliar en:


4,88/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: