Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DECLARACIÓNS EN MADRID

Feijóo: “Hai unha nación dende hai 500 anos e esa nación chámase España”

O presidente da Xunta criticou os dirixentes políticos cataláns aos que acusou de cometer "excesos sen precedentes".

Redacción - 12:34 13/07/2010

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, volveu mostrarse como unha das puntas de lanza do Partido Popular contra a reforma do Estatut catalán. Feijoo aproveitou unha conferencia nos cursos de verán que organiza a Universidade Complutense de Madrid para asegurar que a única nación que existe no Estado é a española: “O Tribunal Constitucional deixouno claro. Hai unha nación dende hai 500 anos e esa nación chámase España a sentenza aclara que en España a única nación que hai é España. E isto non o di a sentenza, que tamén, isto dio a Constitución, dio a transición democrática española e a inmesa maioría dos cidadáns”.

Feijoo é partidario de non cambiar o máis mínimo as definicións: “Cataluña é unha nacionalidade histórica igual que o País Vasco e Galiza, e é así porque temos estatutos de autonomía previos á Constitución, e ese é o pacto constitucional”.

Pero o líder dos conservadores galegos foi máis aló e criticou abertamente a manifestación masiva celebrada a pasada fin de semana en Barcelona. Para Feijoo, os dirixentes políticos cataláns están a cometer excesos “sen precedentes”


1,23/5 (39 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: