Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CATRO MILLÓNS DE EUROS

A oposición cuestiona o gasto da visita de Bieito XVI

O PSdeG exixe explicacións sobre o procedemento que seguiu a Xunta para a contratación da organización das actividades previstas. O BNG lamenta a falta de austeridade.

Redacción - 10:34 08/07/2010

O máximo responsábel da Igrexa Católica visitará Galiza en novembro e a Xunta de Galiza xa deseñou un plan de actividades que terá un custe, a cargo dos cartos públicos, de catro millóns de euros. Ante esta confirmación, tanto PSdeG como BNG dirixiron as súas críticas ao Goberno e piden explicacións sobre este gasto.

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, cuestionou o feito de que se sufrague este gasto con cartos públicos e pediu ao Goberno que “separe os asuntos relixiosos dos políticos”. Non quixo valorar se o gasto de catro millóns é excesivo ou non, mais asegurou que “o que non é de recibo é que se pague con cartos públicos esta cantidade, sobre todo nun momento de crise no que a Xunta aplica a austeridade noutros ámbitos”.

Cal foi o procedemento de contratación?
Pola súa parte, o viceportavoz do Grupo Socialista, Xosé Manuel Lage Tuñas pediu a comparecencia do conselleiro de Presidencia, Afonso Rueda, “para que explique que procedemento se seguiu para a contratación da organización das actividades da Xunta con motivo da visita de Bieito XVI” e se houbo ou non algún concurso público. Lage entende que o conselleiro debe detallar e explicar en que tipo de actividades vai gastar a Xunta os catro millóns de euros e lembrou que as tarefas de seguridade están cubertas polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.


4,8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: