Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Reforma

Francisco Caamaño: "Os galegos decidirán que sentimentos queren expresar no preámbulo do Estatuto"

Porén, o ministro de Xustiza volveu recordar que esta introdución "non ten valor xurídico interpretativo".

Redacción - 17:30 05/07/2010
O ministro Francisco Caamaño

O ministro Francisco Caamaño

O ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, destacou este luns que a sentenza do Tribunal Constitucional sobre o Estatut de Cataluña "dinos que, no substancial, practicamente na súa totalidade é conforme á Constitución" e que "a visión aznariana de España non é a visión da Constitución Española de 1978".

Para Caamaño, que ofreceu unha conferencia de prensa en Vigo obre o Plan de Modernización da Xustiza, a sentenza "descansa" "na idea de descentralización política", en "recoñecer a diversidade e integrala" para lograr "unha España máis unida e máis forte".

O socialista criticou "esoutra idea" que "defende a miúdo" José María Aznar e que resumiu en "confrontar as Comunidades Autónomas" e "confundir a igualdade coa uniformidade" e de "impor, en lugar de integrar".

"Esa España non é a que está na Constitución, é a que lle dixo ao recorrente o TC que non ten nin responde ao que os españois quixeron en 1978, que quixeron deixar atrás a intolerancia cultural e lingüística doutras épocas", manifestou Caamaño.

Reforma en Galiza
Sobre a reforma do Estatuto de Galiza, comentou que hai que "ler con atención" a sentenza sobre o Estatut cun "mínimo exercicio de prudencia" para "ver o seu alcance". Aínda así, considerou que a nosa norma "ha ser aquilo que os cidadáns de Galiza, a través do Parlamento galego, determinen dentro do marco da Constitución".

"Serán os galegos que decidan que sentimentos queren expresar no preámbulo, conscientes de que os preámbulos non teñen valor xurídico interpretativo", apuntou o titular de Xustiza.


4,67/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: