A fábrica Orinoquia, a un mes da súa inauguración, superou en 25% a produción estimada coa fabricación de 30 mil móbiles.
Un dos móbiles de Orinoquia. O "vergatario".
O Ministerio de Ciencia, Tecnología e Industrias Intermedias anunciara, en 2009, a asociación do Estado venezuelano coa compañía chinesa Huawei para fabricar máis de 2 millóns de móbiles anuais. A fábrica, Orinoquia, inaugurada hai un mes polo presidente venezuelano, Hugo Chávez, é a segunda fábrica en Venezuela, xunto á empresa Venezolana de Telecomunicaciones (Vetelca), localizada na Zona Franca da península de Paraguaná, en Punto Fijo, estado Falcón.
Venezuela é un dos mercados móbiles con máis expansión en Latinoamérica, con perto de 27 millones de usuarios, é dicer, case a totalidade da poboación venezuelana, 96%, cun promedio de sustitución de móbil de 18 meses.
O ministro do Poder Popular para Ciencia, Tecnoloxía e Industrias Intermedias (MCTI), Ricardo Menéndez, estivo onte nas instalacións da fábrica Orinoquia e na súa visita dixo:
"O valor da eficiencia estase construíndo de xeito distinto, non é unha eficiencia baseada na explotación dos traballadores", O ministro engadiu que Orinoquia conta coa participación directa das comunidades populares de Petare (o bairro máis populoso de Latinoamérica), para o desenvolvemento e execución dos seus programas industriais, e engadiu que "a solidariedade do pobo está plasmado no proceso de produción".
O ministro dixo que Orinoquia era unha trincheira de batalla na guerra económica que libra o socialismo do século XXI contra o capitalismo: "Estamos librando unha batalla económica (...) Mentres que o capitalismo pecha fábricas, a revolución bolivariana abre e constrúe empresas e aumenta a capacidade de empregos", rematou o ministro.