Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Acto político en Euskadi

Eusko Alkartasuna e a esquerda abertzale asinan estratexia conxunta

Pretenden a conformación dun "espazo progresista" a prol da independencia e subliñan que se trata dunha aposta soberanista por vías exclusivamente pacíficas.

Redacción - 14:00 20/06/2010
Tags:
Pello Urizar, secretario xeral de Eusko Alkartasuna

Pello Urizar, secretario xeral de Eusko Alkartasuna

Un acordo que ten a dimensión política e social "para poder articular un espazo progresista en favor da independencia e poder así incidir de forma axeitada na dirección do necesario cambio político en Euskal Herria".

Así se define o pacto asinado por Eusko Alkartasuna e a esquerda abertzale este domingo en Bilbo, nun acto político onde desde os dous sectores se chama a unir forzas desde cadansúa experiencia política cara a creación dun Estado vasco. O documento quere servir como "instrumento táctico-estratéxico" para a suma de adhesións ao proxecto independentista e, nesa arela, supón un paso máis da esquerda abertzale no seu afastamento da ETA xa que chama ao traballo cara a esa meta por vías exclusivamente políticas.

O acto foi transmitido a través de internet en contou cunha ampla lista de convidados. Entre outros, desde Galiza representación do BNG, FPG e Nos-UP, ERC, CUP e Endavant (Cataluña); o Sinn Féin (Irlanda); N-VA (Flandres); FMLN (El Salvador); FPLP (Palestina); BIC (Aragón); Corriente Roja (Estado Español) e IZCA (Castela).

Máis información nas webs de Eusko Alkartasuna e Ezker Abertzelea. Tamén nos diarios Gara e El Correo.


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: