Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Boicotea os criadores. Adopta"

Raza superior?

A autoridade encargada de regular os estándares na publicidade do Reino Unido dálle o visto bo a un polémico anuncio da organización PETA.

Redacción - 10:00 27/03/2010
O cartaz de PETA

O cartaz de PETA

O anuncio da organización protectora dos animais People for the Ethical Treatment of Animals (PETA) onde un cuzo da raza Terrier Maltés aparece cun bigote ao estilo Adolf Hitler conseguiu o visto bo da autoridade encargada de regular os estándares na publicidade do Reino Unido, a Advertising Standards Authority (ASA).

O cartaz inclúe ademais o lema Master Race? Wrong for People. Wrong for Dogs. Boycott Breeders. Adopt. ("Raza superior? Un erro para as persoas. Un erro para os cans. Boicotea os criadores. Adopta"). "O obxectivo é denunciar o perigoso de pensar que algunhas razas de cans son superiores ás demais e que os cans sen liñaxe son escoira", afirman desde PETA.

Ademais, os activistas piden ás autoridades británicas que endurezan as normas para criar cans de raza co fin de evitar a dexeneración de certas especies, explotadas sen escrúpulos por algúns criadores debido á súa popularidade.

Denuncia do Kennel Club
O prestixioso Kennel Club presentou unha denuncia na ASA, e demandou que se declarase o cartaz "ofensivo". Porén, informan os medios locais, a demanda foi desestimada.

''Non é o noso anuncio que é ofensivo, senón a falsa e perigosa crenza de que algunhas razas son superiores a outras", comentaron desde PETA, que anima a adoptar para salvar as vidas de cans e gatos dos refuxios.

Esta non é a primeira iniciativa contra a cría dos cans de raza no Reino Unido. En 2008, un documental da BBC denunciaba que os procedementos de cría de cans que concursan en feiras caninas producen un elevado número de malformacións e de enfermidades xenéticas.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: