Escolma de frases na intervención do presidente da Xunta este martes no Parlamento no Debate sobre o Estado da Nación.
Vicente Risco resumía nunha frase unha das mellores definicións do noso ser. "Ti dis: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo. Pode ser pequena en extensión, pero en fondura e en entidade, é tan grande como queiras".
"O que Galicia quere e o que Galicia é, está plasmado nos resultados electorais"
"Non creo nunha Galicia improvisada, ao revés, penso que na actividade diaria dun gobernante responsable debe haber planificación".
"Tal como eu a entendo, a política é consustancial coa liberdade"
"A pregunta que cómpre facerse na Galicia de 2010, é que requisitos ten que reunir a acción política para dar respostas aos desafíos".
"¿Para qué queremos un Goberno propio se deixamos que decidan por nós? ¿Para qué temos institucións propias se permanecen caladas en cuestións esenciais para o noso país?"
"Algúns consideran reiterativa e cansiña a referencia ao mandato electoral. Vox populi, vox dei, dicía o vello proverbio. En termos máis modernos, o vencello que establece o elector co seu representante é o mais semellante a un contrato".
"Na convivencia idiomática que a nosa xente practica decote, ha de estar a inspiración da política lingüística en xeral, e da que se aplique na escola en especial. Non hai que adaptar á sociedade a medidas ortopédicas".
"No meu discurso de investidura citaba ao presidente Havel cando, dirixíndose ao seu país, dicía que non fora elixido para mentir. Volvo a lembrar a este estadista para dicir que a política pode chegar a ser o arte da acadar mesmo o imposible, cando conta cun pobo informado, decidido e unido".
"O galeguismo non é unha estatua de sal. O galeguismo ten unha esencia que permanece inmutable ao longo do tempo, e unha concreción que varía de acordo co contexto nacional, internacional e económico que rodea ao noso país"
"¿En qué consiste ser galeguista no século XXI? Tamén en propugnar que Galicia estea presente no mapa financeiro español. Debémoslles esa loita aos que no pasado deron forma coa su intelixencia, co seu aforro, e co seu esforzo, a unhas entidades singulares que teñen a súa razón de ser no arraigo territorial"
"Quen á discordia se entrega vai dereito cara a morte. Dicíao Curros Enriquez moito antes de que a crise plantexara a súas esixencias"