 
 
O descubridor dos Arquivos Secretos da Operación Cóndor en Paraguai, Martín Almada, ofrece unha conferencia este martes na Coruña.
El Cóndor Sigue Volando é o título da conferencia que ofrece este martes na Coruña o que foi descubridor en 1992 dos Arquivos Secretos da Operación Cóndor en Paraguai, Martín Almada. 
  O obxectivo da Operación Cóndor, desenvolvida en varios países de Latinoamérica entre as décadas de 1970 e 1980, foi a represión das persoas consideradas polos réximes ditatoriais da época como subversivas da orde instaurada ou contrarias ao pensamento político ou ideolóxico destes.  
  
A charla será a partir das 20.30 horas, na Casa Museo Casares Quiroga, e está organizada polo Comité de Solidariedade con América Latina (COSAL Coruña) e a Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello. 
  
Almada é, á súa vez, supervivente da Operación Cóndor, e foi galardoado co Premio Nobel Alternativo da Paz en 2002. Actualmente é membro do Comité Internacional de Apoio ao Tribunal Russell sobre Palestina e un todo un símbolo da defensa dos Dereitos Humanos en América Latina.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto