Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN 1984-1985

As axudas para a fame de Etiopía destináronse a armamento

A BBC descobre que unha boa parte das doazóns internacionais foron xestionadas por soldados rebeldes que enganaron ás Organizacións non Gobernamentais.

Redacción - 12:00 03/03/2010
As campañas contra a fame en Etiopía tiveron moita publicidade nos anos 84-85

As campañas contra a fame en Etiopía tiveron moita publicidade nos anos 84-85

Segundo sostén a axencia británica BBC, milleiros de dólares destinados inicialmente ás vítimas da fame etíope entre 1984 e 1985 foron desviados para a compra de armamento. Nunha información asinada por Martin Plaut asegura ter reunido probas que demostran que un movemento rebelde de Etiopía empregou unha boa parte das doazóns mundiais para financiar o seu intento de tomar o poder.

Enganando ás ONG's
Ao parecer, soldados rebeldes teríanse feito pasar por mercaredes e enganar así ás Organizacións non Gobernamentais (ONG). Nun tempo no que as secas botaron a perder as colleitas e que a fame era xeneralizara no rural, as axencias de axuda optaron por achegar a asistencia dende Sudán, en forma de comida e de cartos en efectivo, que tiñan como destino a compra de gran aos labregos daquelas zonas que aínda tiñan alimentos para vender.

Un destes rebeldes, Gebremedhin Araya (do Frente para a Liberación do Pobo de Tigray-TPLF), confirmoulle agora á BBC que se fixo pasar por un destes comerciantes para recibir importantes cantidades económicas. Asegura que en 1985, dos 100 millóns de dólares que pasaron polas mans da TPLF, o 95% destinouse á compra de armas ou ao fortalecemento da facción da liña dura do movemento rebelde (a Liga Marxista Leninista de Tigray).

Apoio da CIA
Neste crebacabezas ten tamén un papel importante a Axencia de Intelixencia dos EUA, a CIA. Xa con data de abril de 1985, un documento deste organismo sostiña que “algúns dos fondos que están a reunir as organizacións insurxentes para operacións de axuda, logo dun incremento na publicidade mundial, case con seguridade están a ser desviados para fins militares”. Tendo en conta que estes acontecementos tiveron lugar durante a Guerra Fría, algunhas voces apuntan ao apoio dos EUA aos rebeldes etíopes, mesmo contribuíndo a este desvío de fondos para a TPLF, nun intento de enfrontar a países próximos ideoloxicamente á Unión Soviética.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: