Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Apoios ao corredor ferroviario do Eixo Atlántico

A Cámara Oficial de Comercio e Industria de Ourense realizará nos próximos meses propostas formais ante diferentes administracións para que se poda levar adiante a conexión ferroviaria do eixo atlántico da península ibérica na rede europea de transportes.

- 09:13 29/03/1999
Tags:

Dentro da Confederación Internacional das Cámaras de Comercio, Industria e Navegación do Eixo Ferroviario Atlántico será presentada a proposta da Cámara ourensana. Desde o 5 de febreiro deste ano a entidade ourensá forma parte desta confederación.
A Cámara ourensana sumase ao acordo da asamblea xeral da CEFAT, celebrada na cidade francesa de Bayona.
O principal obxetivo da organización internacional está orientado a asegurar a interconexión do eixo atlántico ibérico coa rede europea ferroviaria, un plan esencial para o desenrolo do arco atlántico, no que se integran Galicia, norte de Portugal, Cantabria, País Vasco, Castilla e León, La Rioja y Aquitania francesa.

Desde ese eixo se farían as correspondentes conexións periféricas, entre elas as de Galicia, nas que se incluiría a comunicación con Ourense. O percorrido sería desde o norte de Portugal até Francia, con entrada por Irún.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: