Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Folga xeral

Grecia paralízase en protesta contra o plan de austeridade do Goberno

Algunhas medidas, acordadas coa Comisión Europea, son a suba de impostos, a conxelación de salarios e o adiamento na idade de xubilación.

Redacción - 13:00 24/02/2010
Grecia está a sufrir gravemente

Grecia está a sufrir gravemente

Os traballadores gregos iniciaron esta cuarta feira unha folga xeral en protesta contra o plan de austeridade deseñado polo Goberno de Georgios Papandreu que contempla subas de impostos, conxelación de salarios e o adiamento na idade de xubilación.

Máis de dous millóns de traballadores adscritos á Confederación Xeral de Traballadores de Grecia (GSEE), á Unión de Funcionarios Civís (ADEDY) e á organización sindical comunista (PAME) foron convocados para apoiar a protesta.

Os aeroportos, así como as oficinas estatais, bancos, colexios e hospitais, manteñen pechadas as súas portas e agárdase que a actividade no país se manteña paralizada até mañá. O espazo aéreo permanece pechado, polo que se cancelaron uns 400 voos previstos.

Os barcos con destino ás illas e a Italia tamén suspenderon os seus itinerarios, do mesmo xeito que os trens de longa distancia, os de proximidade, o metro e os tranvías. Os xornalistas e os técnicos da televisión participan na folga, o que supón un apagamento informativo de 24 horas.

Os sindicatos convocaron para o mediodía dúas concentracións no corazón da capital helena, coa intención de marchar cara ao Parlamento. Desde a madrugada a Policía cortou o acceso do tráfico ao centro de Atenas, onde se concentra case o 50% da poboación.

'Presión' internacional
Unha delegación de observadores da Comisión Europea, do Fondo Monetario Internacional e do Banco Central Europeo revisan desde o martes a posta en práctica das medidas econnómicas do Goberno, acordadas co Executivo comunitario, para superar a crise.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: