Dous anos despois de abandonar o cargo, o escritor e arquitecto vigués regresa ao temón da política cultural.
O Ministerio de Cultura de Venezuela volve estar dirixido dende esta semana polo galego Farruco Sesto Novás. Na última remodelación de goberno, o presidente Hugo Chávez decidiu que Farruco Sesto, que xa fora ministro até xuño de 2008, substituise a Héctor Soto Castellanos.
Nado en Vigo en 1943, emigrou canda a súa familia para o país sudamericano cando contaba con pouco máis de 18 anos. En Caracas estudou Arquitectura. Cos anos converteuse nun dos profesionais máis reputados do país e gañou unha cátedra na Universidade Central.
Moi vinculado dende a súa mocidade á esquerda venezuelana, mantivo estreitos lazos co nacionalismo galego, especialmente coa UPG. Farruco Sesto tamén tivo un papel salientábel na literatura galega con poemarios como: Da estrela e da fouce (1967); UPG poemas (1973); Por unha muller (1976); Porta Aberta (1976); ou Arte Poética. Poema de Amor a Rosalía (1985).
Recuperamos aquí un entrevista que mantivo en setembro de 2007 con redactores de Vieiros: