Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN COMPOSTELA

O presente e o futuro da esquerda, a debate

A Rolda da Rebeldía, promovida polo Encontro Irmandiño, busca alternativas á crise que está a sufrir a política institucional.

Redacción - 11:30 30/01/2010

O futuro da esquerda e do nacionalismo, así como o seu xeito de organizarse politicamente son algúns dos temas que este sábado centran o debate na primeira quenda da Rolda da Rebeldía, promovida polo Encontro Irmandiño. Dende primeira hora da mañá o Hotel Compostela acolle a reflexión sobre a necesidade dunha mudanza no modelo de sociedade, sobre a inoperancia do partido clásico e sobre o modelo idóneo de organización a adoptar, así como sobre as canles de comunicación e dos mecanismos dos que se debe dotar o nacionalismo para afondar na creación de masas críticas.

Entre as asistencias confirmadas está a do líder do Encontro Irmandiño, Xosé Manuel Beiras, e da do máximo responsábel de MaisBNG, Carlos Aymerich. Asemade, participan membros de formacións como Movemento Galego ao Socialismo, Movemento pola Base, Causa Galiza, Esquerda Unida ou o Partido Comunista do Povo Galego (PCPG). Pola súa parte, o líder da Unión do Povo Galego (UPG), Francisco Rodríguez, declinou a invitación.

  • Podes ler aquí as achegas previas da meirande parte dos e das participantes nas tres xeiras primarias (Fonte: Rolda da Rebeldía)
  • Lembramos aquí o programa da xornada:

Sesión 1: XEIRA DA PROCURA

É o modelo de partido clásico inoperante? Cómpre construírmos ese novo referente-suxeito político-social? E se así é, de que modelo organizativo debemos dotarnos? É o acceso ás institucións necesario?
Intervencións introdutorias: Eduardo Rego, Xabier Macías, Xoán Hermida e Xavier Ron.
Modera: Imanol Dorca

Sesión 2: XEIRA DA IRMANDADE

Como crear as canles de comunicación, participación e irmandade entre a esquerda social e a esquerda política? Cales son as esixencias da cidadanía e dos movementos sociais no eido da súa relación coas organizacións políticas?
Intervencións introdutorias: Antón Gómez-Reino (Tone), Manuel Casal Lodeiro, Xan Duro e Goretti Sanmartín
Modera: Lara Domínguez

Sesión 3: XEIRA DAS MIL VOCES

Que mecanismos e accións debemos emprender para afondar na creación de masas críticas que esixan un cambio radical do noso modelo de sociedade partindo da realidade galega de hoxe?
Intervencións introdutorias: Manuel Barreiro, Mónica Alzate, Luisa Ocampo e Xoán Carlos Carreira
Modera: Manoel Santos

SESIÓN 4: XEIRA PARTILLADA

Persoeiros do campo político debatirán co público as achegas e propostas recolleitas nas tres primeiras xeiras.
Intervencións introdutorias: Xosé Manuel Beiras, Carlos Morais, Carlos Aymerich, Paco Rodríguez (por confirmar) e Mariano Abalo
Rea Dianteira: membros de formacións (Movemento Galego ao Socialismo, Movemento pola Base, Causa Galiza, Esquerda Unida, PCPG...)
Modera: Iria Otero


4.56/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: