Segundo o ministro de Obras Públicas e Vivenda e director da Comisión Nacional de Telecomunicacións (Conatel), Diosdado Cabello, Radio Caracas Televisión Internacional (RCTVI) que emitía por cabo e agora está suspendida a licenza de emisión "debe asinar unha caución para comprometerse ao cumprimento da lei se quere seguir emitindo".
"Legalmente non teñen absolutamente nengunha razón para poder protestar algo, é unha protesta que ten que ver só con intereses persoais (…) o que están pelexando é non poder seguir distorsionando, manipulando, isa é a súa única pelexa", sinalou Cabello.
Polo que, a canle RCTV debe asinar unha caución para comprometerse ao cumprimento da lei. O Goberno venezuelano garante a súa programación de cumprir coa norma que estabelece máis do 70 por cento da produción nacional, para considerarse a RCTV canle de produción audiovisual.
"De cumprir a lexislación (RCTV) non teríamos nengún problema", sinalou Diosdado Cabello.
O 94 por cento (%) da programación de RCTV, é de carácter nacional e o 6 (%) de tipo internacional, polo que rexeitou as formulacións da Comisión Interamericana de Dereitos Humanos segundo as cales a RCTV non era aplicábel a lexislación venezuelana sobre o tema.
"Deben ir a CONATEL as canles que pretendan emitir en territorio venezuelano e asinar unha caución onde se comprometen a cumprir coa Ley de Responsabilidad Social en Radio y Televisión" declarou Cabello.
"O Estado non está pechando emisoras de televisión, só pretende que se cumpra a Lei e a Constitución Nacional. Porén, un escándalo encabezado por Estados Unidos a dereita chilena, e o goberno francés cuestiona a decisión soberana de facer cumprir as leis de Venezuela no seu territorio", engadiu Cabello.
Apoio do Parlamento venezuelano á medida
A Asemblea Nacional de Venezuela aprobou a terza feira un Acordo de respaldo ao Goberno venezuelano na aplicación e cumprimento da Ley de Responsabilidad Social en Radio y Televisión, durante un debate que contou coa participación do director xeral da Comisión Nacional de Telecomunicacións (CONATEL) e ministro do Poder Popular para as Obras Públicas e Vivenda, Diosdado Cabello.