Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LINGUA NO ENSINO

Galicia Bilingüe quere que Rajoy interveña para garantir a “liberdade de elección” nas escolas

Lémbralle ao presidente do PP español que “fomos a votar convencidos de que poderiamos escoller a lingua vehicular” e pídelle que obrigue a Feijoo a variar o decreto.

Redacción - 12:36 26/01/2010

Galicia Bilingüe non está conforme co borrador de decreto proposto polo Goberno. O colectivo que preside a viguesa Gloria Lago non dubida en recorrer a Madrid para presionar aínda máis ao executivo de Núñez Feijoo. A última manobra consiste en enviarlle unha carta ao presidente do PP español, Mariano Rajoy, na que lle pide que lle turre das orellas ao presidente galego para que modifique as liñas mestras do futuro decreto.

A pesar de que o borrador conseguiu erguer críticas unánimes polo grave retroceso para a normalización da lingua do país, Galicia Bilingüe posicíonase no outro extremo. Así cre que é irrenunciábel que os pais poidan escoller a lingua vehicular de todas as materias troncais. A este respecto, a carta asegura que “Núñez Feijoo enganounos a todos os galegos que fomos votar convencidos de que poderiamos escoller a lingua vehicular das materias troncais”.


2.09/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: