Considéranse feitos probados, segundo enuncia a resolución, o “Verquido de augas residuais ao cauce do río Barbaña incumplindo as condicións establecidas na autorización de verquido” outorgada pola Confederación Hidrográfica do Norte no 2004. As alegacións feitas polo concello de San Cibrao non aportaron novos elementos en orde a modificar a súa responsabilidade. Tamén da resolución enviada despréndese que “resulta probada a reiteración da conducta antixurídica realizada pola Entidade Local”, ao incoarse contra a mesma outros dous expedientes sancionadores resoltos no 2006 e 2008. A cualificación da Lei de Augas atende a súa repercusión na orde e aproveitamento do dominio público hidráulico ao contér o verquido realizado substancias perigosas, como o cobre e o zinc.Pero parece que se obviou pola Administración o tenor completo do artigo citado que recolle que se terá en conta á hora de determinar a imposición da multa: a seguridade das persoas e bens e ás circunstancias do responsable, o seu grado de malicia, participación e beneficio obtido, así como o deterioro producido na calidade do recurso.
Neste sentido, Amigos da Terra espera que se determine outra sanción económica polos danos ocasionados ao medio ambiente en base á morte de 17.000 peixes e os danos á flora de ribeira, tal e como se anunciara fai uns días, xa que nesta resolución nada desto se determina.