Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Azucre como fonte enerxética

Deseñan un móbil ecolóxico que se carga con refrescos

Daizi Zheng presenta un prototipo de batería ecolóxica para Nokia que podería acabar cos típicos cargadores eléctricos.

Redacción - 13:00 11/01/2010
Prototipo de móbil ecolóxico / Daizi Zheng

Prototipo de móbil ecolóxico / Daizi Zheng

Un deseñador chinés, Daizi Zheng, presentou unha proposta de móbil para a marca finlandesa Nokia que podería revolucionar o xeito en que se cargan estes trebellos. O prototipo usa como fonte de enerxía bebidas azucradas. A batería deseñada por Zheng usa enzimas para xerar electricidade a partir dos hidratos de carbono.

O teléfono ecolóxico, ademais, non produce residuos, pois, ao se esgotar a batería xera auga e osíxeno. Segundo o autor do modelo, as baterías actuais son caras, consumen moitos recursos naturais e son contaminantes. A bío-batería, polo contrario, usa o azucre como xerador de electricidade, axudada de enzimas como catalizadores.

Nas imaxes que presenta Zheng, o móbil leva incorporado un tubo que se debe encher cunha bebida refrescante con azucre. Promete, ademais, que esta batería dura entre tres e catro veces máis ca unha convencional de litio, e garante que é completamente biodegradábel.

Aínda está por ver cando se poderá mercar un teléfono destas características e se o proxecto se acabará por converter na norma xeral para xerar enerxía para dispositivos móbiles.


4.7/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: