En declaracións ao programa Punto y seguimos de Radio Nacional de Venezuela (RNV), o ministro de Finanzas venezuelano, Alí Rodríguez Araque, explicou que non se poden comparar as medidas tomadas polo goberno revolucionario con respecto ao axuste cambiario coa depreciación do bolívar dos anos oitenta coñecido coma o Viernes negro que rametaou con máis de 40 anos de estabilidade e paridade cambiaria de 4.30 bolívares por dólar estadounidense. O axuste cambiario da sexta feira feito polo Goberno levou o dólar oficial de 2.15 Bolívares Fuertes a 2,60 Bs. F. e creou un dólar petroleiro a 4,30.
O ministro Rodrígue Araque asegurou que o orzamento nacional está cuberto, están mellorando os prezos do petróleo, polo que eses recursos adicionais serán destinados a incrementar a produción nacional e sustituir o 90 por cento das importacións que realiza Venezuela.
Explicou que o diñeiro é unha mercadoria como calquera outra, é a mercadoria universal coa que se intercambian todas as demais, por distintas razóns “subiron os prezos de todas as mercadorías e o do diñeiro foi adiado, é un fenómeno moi vello que vén acontecendo desde o século pasado, como o bolívar está sobrevaluado a consecuencia é que as exportacións encarecense e os agricultores non poden producir para exportar, cando iso tradúcese a dólares aumenta o prezo”
O ministro de Finanzas venezuelano, sinalou que a adecuación do dólar estadounidense non aumentará a inflación, da que Venezuela é lider na rexión con máis dun 25%, pois os prezos están regulados para un conxunto de rubros que non teñen porque verse afectados por un incremento especulativo.
"Para a importación de alimentos, saúde e educación, éstánse garantidos dólares, polo que non hai xustificación para que se dispare a inflación neses rubros ”, agregou.
Durante a entrevista, Araque indicou que está próxima a emisión das resolucións sobre o destino dos fondos produto dos axustes anunciados que servirán para estimular as actividades produtivas do país.
Sinalou que, aínda que é certo que o estado debe afortalar os mecanismos de control sobre os prezos, tamén a sociedade debe estar vixiante contra a especulación porque é a primeira victima.
No referente ás cotas de divisas para viaxeiros e compras por internet, o ministro de Finanzas reiterou que polo momento se manterán co mesmo monto de doláres asignados pola Comisión de Administración de Divisas (Cadivi)
“Iso estámolo estudando, até o momento mantéñense os mesmos montos, estáse facendo un traballo canda Cadivi e o Banco Central de Venezuela para estabelecer un criterio nesta materia."
Decalaracións do ministro do Poder Popular para a Planificación e Desenvolvemento, Jorge Giordani verbo os axustes económicos
Ao ser consultado sobre os argumentos que presentou a aoposición venezuelana ao comparar as medidas ecoómicas que devaluaron o Bolívar Fuerte co chamado Viernes negro de 1983, respondeu que "a oposición agarda que as medidas que vaia tomar o goberno sexan as que eles sempre tomaron, e aí é onde está o erro, xa que o que predicen todos os anos ao final non acontece, porque este Goberno primeiro pon ao ser humano diante da política económica."
Precisou que no goberno do democratacristián Luis Herrera Campins (1979-1984) Venezuela padeceu a maior recesión en toda a historia democrática, en catro anos non medrou o Produto Interior Bruto (PIB) e as reservas internacionais desapareceron, porque desde o Goberno apoiaron aos banqueiros que se fugaron, mentres que nestes momentos hai banqueiros presos.
'Eses son os elementos que hai que comparar, non é o apoio ao sector financeiro para que se sigan levando as reservas; hoxe non as levan, senón que se utilizan para o investimento produtivo do país', engadiu.
Declarou que os 60 mil millóns de dólares que se retiraron das riquezas petroleiras e do Banco Central de Venezuela (BCV) foron destinados a grandes proxectos de infraestruturas (trens, metro, vivenda).
'Os 7 mil millóns de dólares que se van a transferir do BCV para o Fondo de Desenvolvemento Nacional (Fonden) van permitir que continuen eses investimentos', agregou.
Co axuste cambiario de 2,15 a 2,60 o obxectivo é preservar a saúde, a alimentación e as maquinarias e equipamentos.
'Todas estas medidas son para reactivar a economía e para manter o emprego, sobre todo na pequena e mediana industria', concluiu Giordani
Non todas son malas novas. Desemprego, inflación e pobreza continúan retrocedendo en Venezuela
Aúnado á medra no prezo internacional de petróleo, Venezuela, durante esta década conseguiu progresar en eidos nos que antes tiña moitas dificuldades.
Segundo as cifras fornecidas polo Banco Central de Venezuela (BCV) e o Instituto Nacional de Estatísticas (INE), Venezuela mantén niveis de emprego que superan 90% da poboación activa, así como a redución de 5,8% no índice inflacionario ao compararse co rexistrado no 2008, cando culminou en 30,9%.
Reducíronse os fogares en situación de pobreza en máis de 50% ao compararse coa cifra de 1998 e o coeficiente de Gini continúa o seu descenso, logrando diminuír nove pontos desde 1998 até 2009, ao pasar de 0,4865 cando Chávez asume a presidencia a 0,3928 o pasado ano.
Emprego
En 2009 o índice de desemprego en Venezuela pechou en 6,6%, diminuíndo 0,9% con respecto ao mes de setembro (7,5%) e 1,8% con respecto ao rexistrado ao momento do anuncio das medidas.
Loita contra a inflación
Durante os últimos 25 anos, Venezuela mantén altos índices inflacionarios anuais superiores a dous díxitos, isto despois do chamado Viernes negro, do 18 de febreiro de 1983 cunha drástica caída da economía venezuelana.
O Índice Nacional de Prezos ao Consumidor (INPC) pechou 2009 en 25,1% , situandose por debaixo das estimacións realizadas polo Goberno Nacional para ese período, as cales se encontraban entre 26% e 27%.
Misión Cristo: Pobreza cero
Para 1998, os niveis de pobreza atinxían ao 48,1% dos fogares en Venezuela, mentres que a pobreza extrema superaba o 19%. Isto confirmaba que de cada 10 fogares venezuelanos 4,8 eran pobres e deses 1,9 eran pobres de xeito extremo.
O Goberno venezuelano creou diversas misións sociais que abarcan os ámbitos de saúde, educación e cultura, para adecentar e incrementar o nivel de vida das persoas.
Estes planos e accións permitiron que durante os últimos 10 anos, a pobreza diminúa anualmente, só tendo un repunte no ano 2002 e 2003, produto do golpe de Estado e a folga patronal petroleira que afectou gravemente á economía venezuelana.
En 2009 a porcentaxe de fogares en situación de pobreza extrema, de acordo cos ingresos diminuíu, 1,6% en comparación con 2008 (7,6%), co cal pechou en 6% para o segundo semestre do ano pasado, mentres que ao realizarse a medición por necesidades básicas insatisfeitas, o resultado do primeiro semestre do mesmo período é de 7,9% e o 2008 foi de 8,5%.
En tanto, a totalidade dos fogares en situación de pobreza sinala unha diminución de 2,3%, ao pasar de 27,5% no segundo semestre de 2008 a 24,2% no mesmo período de 2009.