Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irimia

Xestionado pola Asociación Irimia
RSS de Irimia
Horizonte Universal

Eduard Schillebeeckx: Escolma Urxente

Pouco antes do Nadal faleceu, en Nimega (Holanda), un dos teólogos máis grandes que produciu o século XX. Tiña 95 anos. E era dominico.

Eduard Schillebeeckx ousou pensar en por si. Foi un gran crente, un mestre e un pensador serio e fecundo. Era parte da gran xeración de pensadores que deron unha nova orientación ao cristianismo no século XX: H. Urs von Balthasar, Karl Barth, Dietrich Bonhoeffer, Rudolf Bultmann, M. D. Chenu, Yves Congar, Henri de Lubac, Karl Rahner, Paul Tillich, entre outros. Estes son retrincos do seu pensar.

Redacción - 21:35 07/01/2010
Tags:

           

 
  • “Os tres: Deus, Xesucristo, a Humanidade son un, no sentido de que nunca poden ser postos en relación de antagonismo nin de rivalidade”.
 
  • “As persoas crentes ven na historia da liberación humana o rostro de Deus. As persoas non crentes non o ven; pero no nivel da liberación humana (o material da revelación de Deus) cabe que sobre este proceso falen tanto crentes coma non crentes unha lingua común. Daquela, o decisivo non é o expreso recoñecemento ou a negación de Deus, senón a resposta á pregunta: que lado elixes na loita entre o ben e o mal, entre os opresores e os oprimidos?”.
 
  • “Xesús arranca aos pobres do desprezo de si mesmos por seren discriminados; Xesús devólvelles a súa dignidade de persoas, fillas de Deus. Unha persoa humillada, desprezada, segregada, a quen alguén lle dá a benvida e o acolle e bebe con ela un vaso de viño, queda restablecida na súa humanidade, séntese por fin aceptada e pode de novo sorrir. Velaí como as persoas pobres e desprezadas son redimidas e liberadas por Xesús”.
 
  • “Globalmente pode dicirse que, de acordo con Xesús, o seu Deus é un Deus que non se deixa acaparar por unha casta de xentes pías e virtuosas, que saben de si mesmas “que non son coma ese publicano e pecador” e están seguras de que se lles pagará en proporción á súa fiel observancia da lei. Non, todas as parábolas desterran semellante concepción de Deus. Xesús amosa que Deus está do lado dos que foron deixados de lado pola “comunidade benpensante”...Por iso quen se opón a calquera forma de discriminación ten ao Deus de Xesús da súa parte”.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: