Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Traslado a Madrid

Laura Seara dirixirá o Instituto da Muller

A parlamentaria do PSdeG pola circunscrición de Ourense será nomeada este xoves polo Consello de Ministros en substitución de Rosa Peris.

Redacción - 13:00 29/12/2009

A parlamentaria alaricana do PSdeG Laura Seara ocupará, a partir deste xoves, a dirección xeral do Instituto da Muller. O Consello de Ministros fará oficial o nomeamento a petición do Ministerio de Igualdade.

Seara substituirá a Rosa Peris, que levaba cinco anos de directora xeral do instituto. Fora proposta por Jesús Caldera, daquela ministro de Traballo e Asuntos Sociais, do que dependía o organismo. Laura Seara Sobrado ocupa actualmente o cargo de secretaria de Políticas Sociais e de Igualdade no PSdeG-PSOE.

No caso da marcha de Seara a Madrid, o seu escano no Pazo do Hórreo poderíao pasar a ocupar o número seis da candidatura do PSdeG por Ourense, Xoán Carlos Francisco Rivera, de Verín.


4.2/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: