Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Debate na Cámara da nova lei para o sector

Guerra insiste no respecto á "liberdade de empresa" para desbotar a participación pública no sector eólico

O conselleiro de Industria teima en que a cota pública "vulneraría o ordenamento xurídico" e xustifica a renuncia coa creación do canon e do Fondo de Compensación Ambiental.

Redacción - 17:35 24/11/2009

"Estabelécese un procedemento administrativo de selección de anteproxectos absolutamente transparente". Deste xeito volvía zoupar o actual conselleiro de Economía e Industria, Xavier Guerra, sobre o reparto eólico decidido a finais da anterior lexislatura e insistía en que desta volta haberá "un procedemento administrativo de autorización caracterizado pola axilidade na tramitación".

Guerra xustificou que, malia a renuncia da Xunta á participación pública nos proxectos, a lei contemplaría abondo compensacións a través da anunciada creación dun canon e dun Fondo de Compensación Ambiental, que se distribuiría os fondos recadados coa fin de desenvolver actuacións de conservación e restauración do medio ambiente, "tendo como principais beneficiarios os concellos afectados, que serán aproximadamente a metade dos concellos galegos, e que recibirán, como mínimo, o 50% dos recursos obtidos a través do canon".

Plans industriais
O conselleiro recordou ademais en defensa do proxecto de lei a introdución de medidas que garantan o cumprimento das iniciativas industriais presentadas polas empresas. Ao respecto salientou a esixencia dunha fianza "que non será devolta ata que eses proxectos asociados non estean rematados, condición indispensábel tamén para poder vender as instalacións". Asegurou ademais que non se permitirán parques eólicos en Rede Natura nin a súa ampliación.

Ao respecto dos investimentos comprometidos no anterior modelo a través de proxectos de desenvolvemento económico e industrial, o conselleiro dubidou das cifras presentadas no seu día polo Goberno. Segundo Guerra, supoñían "apenas 722 millóns de euros, fronte aos 5.500 millóns ofrecidos, e xerarían 1.350 empregos directos e 572 indirectos fronte aos 3 mil que se prometían".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: