 
O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional analiza os comicios no país africano, logo de se coñecer os resultados definitivos.
 
											Simpatizante da Frelimo
O número 25º do Igadi Paper, o boletín de análise e contextualización que o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) publica para explicar os conflitos de relevancia e actualidade internacional, céntrase desta volta nas eleccións do pasado 29 de outubro en Moçambique nas que a Frente de Libertação de Moçambique (Frelimo) conseguiu consolidar a súa hexemonía no escenario político do país africano, ex colonia portuguesa. 
  Os resultados definitivos, publicados a pasada quinta feira, confirmaron a reelección presidencial do actual mandatario Armando Guebuza para un período doutros cinco anos de goberno. Guebuza apañou o 75,4% dos votos, por riba dos seus dous principais candidatos rivais, Afonso Dhlakama, da Resistência Nacional de Moçambique  (Renamo), que conseguiu o 12,5%; e Daviz Mbepo Simango, do Movimento Democrático de Moçambique (MDM), que obtivo o 8,64%. 
  
Ademais, a Frelimo acadou 191 escanos dos 250 existentes no Parlamento, gañando 31 escanos máis con respecto ás eleccións de 2004. A Renamo e o MDM repartíronse o resto, con 51 e oito representantes, respectivamente.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto