Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Fernando Gomes

O presidente do FC Porto propón unha Liga Ibérica de fútbol

A integración da súa equipa xunto co Benfica e co Sporting sería un "aliciente", mais recoñece que diminuiría o nivel do campionato portugués.

Redacción - 12:30 16/11/2009
Fernando Gomes / Foto: A Bola

Fernando Gomes / Foto: A Bola

Fernando Gomes, administrador da SAD do FC Porto, recoñeceu esta fin de semana que a integración da equipa portista, do Benfica e do Sporting nun potencial campionato ibérico seria unha idea interesante, mais recoñeceu que iso diminuiría a competitividade a nivel interno.

"Seria aliciante, do punto de vista de receitas, mais hai regras extremadamente restritivas a ese respecto no fútbol europeo. O Real Madrid recebe, por ano, 135 millóns de euros, só de dereitos televisivos. O Barcelona 125 millóns e o FC Porto, nove".

Gomes recordou que o FC Porto, polo tamaño do mercado portugués, ten inmensa dificultade en loitar cos grandes da Europa, tendo, para iso, que investir, co fin de poder rendibilizar despois en resultados.

Admitiu, porén, que un escenario deste tipo "provocaría unha diminución da competición en Portugal", e lembrou que ás equipas escocesas Celtic e Rangers impedíuselles entrar no campionato inglés.


4.44/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: