Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Baloncesto

O Xacobeo Blu:Sens ficha o pivote brasileiro Rafael Hettsheimeir

O xogador procedente do Cai Zaragoza formará parte do equipo durante tres meses logo da lesión de Drago Pasalic.

Redacción - 10:30 14/11/2009
Hettsheimeir

Hettsheimeir

O Xacobeo Blu:Sens, o equipo compostelán de baloncesto que compite na ACB, acaba de fichar o pivote brasileiro Rafael Hettsheimeir por tres meses. O xogador, que chegará a Compostela nas vindeiras horas para pasar o recoñecemento médico, procede do Cai Zaragoza e chega ao equipo que dirixe Curro Segura logo da lesión de Drago Pasalic.

Hettsheimeir foi escollido mellor xogador da xornada 25ª na Liga LEB da tempada pasada, logo de conseguir anotar 31 puntos, cunha porcentaxe do 74% en tiros de campo, e capturar 11 rebotes. O brasileiro -con pasaporte español- naceu en Araçatuba (São Paulo), ten 23 anos, mide 2,08 metros e pesa 118 quilos.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: