Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
GASTO PÚBLICO EN 2008

Dous directivos da Autoridade Portuaria da Coruña cobraron máis de 250 mil euros en dietas

Macario Fernández-Alonso e Henrique Maciñeira percibiron estas cantidades en concepto de “desprazamentos, estancias e manutención”.

Redacción - 13:13 09/11/2009

O presidente e o director da Autoridade Portuaria da Coruña, Macario Fernández-Alonso e Henrique Maciñeira, cobraron 251 mil euros o ano pasado por “desprazamentos, estancias e manutención”. Este é o sorprendente dato que publica este luns o xornal La Opinión de A Coruña. Os dous altos cargos estaban encadrados en 2008 no consello de administración do organismo portuario.

Nas contas dese ano, tamén se explicita que houbo unha outra partida de 114 mil euros en concepto de indemnización que foi parar aos petos doutros 22 membros do consello (entre eles atópanse representantes políticos de diferentes administracións públicas que se reúnen unha media de 10 veces ao ano)- Coa chegada ao poder do PPdeG, en xuño deste ano foi cesado Macario Fernández-Alonso e substitído por Henrique Losada. O director, Henrique Maciñeira, conserva o cargo co novo executivo de Feijoo.


4.2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: