Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Dashboard

Google amosa todo o que sabe sobre nós

Un novo servizo ofrece toda a información que garda sobre unha conta determinada e ofrece ligazóns para modificala ou suprimila.

Redacción - 13:00 07/11/2009

Google presentou un novo servizo que nos permite saber que información garda de nós a empresa estadounidense. A través de Google Dashboard podemos coñecer que datos dunha conta concreta hai gardados nos diferentes produtos de Google, como Gmail, YouTube, Maps ou as buscas.

A compañía define o servizo como un xeito de aumentar a confianza dos seus centos de millóns de usuarios e de protexer os seus datos e a súa intimidade dun xeito transparente. Dashboard amosa unha listaxe de todos os produtos de Google do nome de usuario inscrito e ofrece ligazóns directas para modificar esa información. A empresa asegura no seu blog que a escala e o nivel de detalle non ten precedentes e que é a primeira compañía de internet que ofrece algo semellante.


4/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: