Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Multilingüismo

A ICANN autoriza os dominios en alfabetos internacionais

O órgano que regula os nomes na internet aproba pola vía de urxencia un proceso que se abrirá o 16 de novembro.

Redacción - 11:20 31/10/2009

A partir de mediados de novembro poderanse solicitar nomes de dominio en alfabetos diferentes do latino, un xeito de achegar a internet a moita máis xente. A ICANN, corporación que regula os nomes de dominio da internet, iniciou este venres en Seúl un proceso pola vía de urxencia para obter os IDN (nomes de dominio internacionalizados), que abrirán o prazo de solicitudes o 16 de novembro.

O movemento prodúcese despois de anos de probas técnicas e de desenvolvemento regulatorio. Actualmente, os nomes de dominio só se poden empregar con números, letras do alfabeto latino e guións, aínda que no futuro poderanse visualizar os nomes de dominio en alfabetos como o chinés, o árabe, o xaponés ou o grego. Até agora, o máximo ao que se chegara era a admitir nomes con caracteres acentuados.

Os nomes noutros alfabetos codificaranse, como xa acontece cos que conteñen letras latinas acentuadas, con nomes que comezan coas letras "xn--" e que codificarán o nome en caracteres Unicode. Nun principio só se admitirá un número "limitado" de peticións, que deberán estar nun idioma oficial dalgún estado ou territorio ou que, cando menos "sirva de lingua administrativa".

Espérase que os novos enderezos empecen a funcionar a mediados de 2010. Porén, a ICANN aínda ten un asunto pendente: a concesión de novos dominios de primeiro nivel. Na reunión de Seúl participou a asociación PuntoGal, que procura o dominio para a lingua e a cultura galegas. Na súa intervención, os representantes de PuntoGal salientaron que os dominios de tipo cultural e lingüístico non supoñen obstáculos para a seguridade da rede nin para a protección de marcas (o principal temor da ICANN), como xa demostrou o dominio .cat.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: