Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SEGUE A GUERRA POLÍTICA

O ex presidente de Sogama leva ao xulgado a Alfonso Rueda e a Rodríguez Miranda

Os avogados de Xosé Álvarez consideran que os dous dirixentes do PPdeG incorreron en calumnias e inxurias.

Redacción - 19:19 22/10/2009

A guerra política que estourou en Sogama hai un ano está lonxe de rematar. Este mesmo xoves, fontes próximas ao anterior presidente da sociedade pública, Xosé Álvarez anunciaron que vai denunciar nos vindeiros días nos tribunais ao conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, e ao voceiro do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda. O que até esta primavera foi o máximo dirixente da entidade afirma que os dous dirixentes “populares” calumnian e inxurian de xeito moi grave a súa persoa.

A reacción prodúcese poucas horas despois de que o PPdeG afirmase que se detectaron irregularidades no equipamento da sede que a sociedade ten en Compostela, entre ellas a adxudicación e a presunta desaparición de mobiliario.

O gabinete xurídico de Álvarez nega as acusacións, defende a legalidade de todas as obras e lembra que foron adxudicadas a “Construcciones La Rosaleda, SL” despois de ter un informe a favor do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Aseguran que, posteriormente, o consello de administración da empresa decidiu por unanimidade facer a adxudicación.


4.88/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: