Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
iPAI

PAI Música xa ten aplicación para iPhone

O selo discográfico é o primeiro do Estado Español en ofrecer a posibilidade de acceder a información e escoitar a súa música no móbil de Apple.

Redacción - 09:00 08/10/2009

PAI Música converteuse na primeira discográfica do Estado Español en contar coa súa propia aplicación para o iPhone e o iPod Touch. A súa aplicación, gratuíta, chámase iPAI e permite consultar información sobre todos os grupos e artistas do selo discográfico, novas, a axenda de concertos e a súa discografía.

Pero non só iso. O software permite escoitar temas soltos sen interrupcións e mercalos en iTunes, ver vídeos, escoitar a radio en liña de PAI Música e opinar sobre os contidos ou compartilos nas redes sociais.

Con este lanzamento, PAI Música abre unha nova vía de distribución, achegando as creacións do selo discográfico aos teléfonos móbiles, comezando pola plataforma máis difundida deste tipo de aparatos, a de Apple.


4,5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: