Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
"En contra da liberdade individual"

Máis castelán no Parlamento "seguindo unha consigna" de partido

O portavoz do BNG no Hórreo, Carlos Aymerich, denuncia un incremento do número de deputados do PPdeG que renuncian ao galego nas súas intervencións.

Redacción - 17:00 14/09/2009

O portavoz do BNG no Hórreo, Carlos Aymerich, afirmou este luns que se detecta un incremento do número de deputados e altos cargos do PPdeG que se expresan en castelán no Parlamento, "seguindo unha consigna" da dirección deste partido, enmarcada dentro da súa "cruzada" contra o galego.

"Nós criticámolo porque entendemos que non se está a facer uso dunha liberdade individual", matizou Aymerich nunha conferencia de prensa, onde tamén subliñou que "aos deputados págannos por defender os nosos sinais de identidade".

Aymerich mostrou a súa "preocupación" pola "desinterese" do Goberno cos servizos públicos, e manifestou que "é difícil" atopar unha explicación para a súa política en materia educativa que non sexa a de promover "unha campaña para incrementar o negocio do ensino privado".

Así mesmo, lamentou que a Consellaría de Educación, en troques de dar resposta ás necesidades do sistema educativo, "estea preocupada" por elaborar "listas negras", "Non é o caso de ningún dos deputados do BNG", dixo.

O obxectivo do actual Executivo non é resolver os problemas da cidadanía, segundo Aymerich, senón "ocultalos", para o que elaboran "listas negras" -en alusión á afirmación do conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, de que ten a lista de altos cargos do anterior Goberno que envían os seus fillos a colexios que segregan por sexo- e "eliminan os debates", recalcou o deputado do BNG, en referencia á supresión do programa Hai debate da TVG.


4.17/5 (18 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: