Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
I Torneo Vila de Cerceda

Hockey de alto nivel á espera da OK Liga

Oliveirense e Coinasa Liceo son os convidados ao triangular organizado polo Patín Cerceda, que se estrea na división de honra.

Redacción - 09:00 04/09/2009
Presentación do torneo, este xoves

Presentación do torneo, este xoves

O Coinasa Liceo da Coruña e o Oliveirense de Azeméis (Portugal) inauguran este venres o I Torneo Vila de Cerceda. Será a partir das 19 horas no Pavillón Municipal da localidade, que esta tempada verá o seu equipo xogar na máxima categoría do hockey estatal, a OK Liga.

Non será até o sábado que o Patín Cerceda entre en liza. Ao mediodía medirase co Liceo e ás 18 horas, coa União Desportiva Oliveirense no que será o derradeiro partido dun triangular que promete xogo de alto nivel, á espera de que o 26 de setembro dea comezo o campionato ligueiro.

O alcalde de Cerceda, Xosé García Liñares, sinalou na presentación do torneo, esta quinta feira, que este "nace co obxectivo de ser referente no hockey galego".O rexedor municipal estivo acompañado polos presidente do Liceo, Eduardo Lama, e pola presidenta e vicepresidente do Patín, Isabel Bermúdez e Xosé Antonio Fraga.


3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: