Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LEI DE MEMORIA HISTÓRICA

Un “Arsenal” de nomes franquistas en Ferrol

Esquerda Unida denuncia que na cidade persisten símbolos da ditadura. Pide que a estatua ecuestre de Franco sexa reconvertida nun monolito que homenaxee os represalidados

Redacción - 18:15 02/09/2009

O Ministerio de Defensa mantén no Arsenal militar de Ferrol rúas con nomes vinculados á ditadura franquista (Luis Carrero Blanco e Almirante Francisco Moreno Fernández) e escudos preconstitucionais en edificios da súa titularidade (Cuartel Sánchez Aguilera ou na reformada Escola de Máquinas). O grupo municipal de Esquerda Unida anunciou que vai presentar  unha moción  para que o Concello de Ferrol inste a Defensa a retirar os símbolos e placas que permanecen nos espazos militares.

Dende EU tamén solicitan que a famosa estatua ecuestre de Franco, que foi retirada do centro de Ferrol en 2002 e trasladada ao Arsenal Militar, sexa fundida e convertida nun monolito que sirva para renderlle tributo ás persoas represaliadas durante a ditadura.


3.75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: