Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Acusacións do BNG á consellaría de Sanidade

Fomento da privada en detrimento da sanidade pública

O voceiro parlamentario do Bloque, Carlos Aymerich, propón que polas tardes traballen os profesionais que "teñen exclusividade" na sanidade pública".

Redacción - 09:30 29/08/2009

O BNG acusou a Xunta de fomentar a concertación coa sanidade privada coa supresión da actividade cirúrxica extraordinaria en horario de tarde e advertiu de que "se incrementarán as listas de espera". Así o apuntou esta sexta feira en conferencia de prensa o voceiro parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, quen afirmou que o Goberno está a "fomentar a concertación" coa sanidade privada" porque, ao seu xuízo, algúns médicos "farán todo o posíbel" para mandar os casos que non atendan pola mañá ás súas consultas na privada.

reguntado pola posición que mantén o BNG sobre esta materia, Aymerich apostou por "racionalizar" as xornadas e por que polas tardes traballen os profesionais que "teñen exclusividade" na sanidade pública". Ademais, apuntou que, para evitar un incremento nas listas de espera, "estaría ben" que se crease unha nova quenda de tarde, algo que o BNG "vén reclamando dende hai tempo", segundo recordou.

Degradación da oferta pública tamén no ensino
Noutra orde de cousas, o voceiro do BNG tamén se referiu á chamada política "de austeridade" promovida polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e que, segundo os nacionalistas, afectará os servizos públicos.

"O PP non engana a ninguén", comentou Aymerich en relación a que, ao seu entender, a "dereita" sempre apostou pola privatización. "Algo que estamos a ver na sanidade e no ensino", advertiu. Neste sentido, o voceiro do BNG denunciou que "non hai diñeiro para os libros de texto, pero si para darlle aos colexios que separan os nenos por sexo", ao tempo que recordou que "moitos centros novos quedarán sen abrir por falta de persoal"


4,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: