Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Cambio climático

O goberno dos EUA desclasifica imaxes que amosan o desxeo do Ártico

As fotografías, tomadas por satélites espía, só se lle amosaban até agora a un reducido grupo de científicos. Agora están na internet.

Redacción - 12:15 28/07/2009
Unha das imaxes tomadas no mar de Chukchi

Unha das imaxes tomadas no mar de Chukchi

O goberno estadounidense desclasificou máis de mil fotografías de satélites espías que amosan os cambios no xeo do Ártico para facilitar o estudo do cambio climático. A decisión tomouse horas despois de que llo recomendase a Academia Nacional das Ciencias.

Arredor de 700 das imaxes amosan fracturas no xeo mariño en seis zonas do Océano Glacial Ártico, mentres que outras 500 pertencen a áreas dos Estados Unidos. Todas elas están dispoñíbeis na internet, no enderezo gfl.usgs.gov. Teñen unha resolución dun metro.

Durante o verán, no xeo do Ártico aparecen pozas de auga derretida que, ao contrario que o xeo, absorben a calor. Analizando estas pozas pódense crear modelos do que acontecerá durante o futuro nesa zona e se se está a producir o cambio climático. As imaxes dispoñíbeis anteriormente non tiñan definición abonda para detectar esas áreas derretidas.

As fotografías forman parte do programa Medea, que permite que os científicos soliciten imaxes de satélites espía sobre zonas de especial sensibilidade ambiental. Até o momento, a administración Bush só lle facilitara fotos do desxeo ártico a un reducido grupo de científicos coa condición de que non as fixesen públicas.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: